Lugo, 2 de xuño de 2014. Tras coñecerse a noticia da abdicación do xefe do Estado español no seu fillo, o Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego quere manifestar, unha vez máis, a súa oposición ao actual réxime monárquico e denunciar a manobra que pretende garantir a súa continuidade, nuns momentos en que este réxime está a ser posto en cuestión. Neste sentido, Mario Outeiro, portavoz do BNG na Deputación de Lugo, referiuse á monarquía como “un réxime incompatíbel cun sistema democrático, un réxime vitalicio e hereditario estabelecido pola graza de Deus e que supuxo, no caso español, a continuidade co Franquismo” e precisou que “non se pode consentir a existencia dunha institución cuxos máximos referentes son a “Constitución” e “unidade da Patria española e da Coroa”, e que ignora os lexítimos desexos de soberanía dunha parte importante da sociedade”.
A nosa nación está a vivir momentos moi difíciles no marco dunha profunda crise económica ao mesmo tempo que asiste a un proceso de recentralización política que non fai senón minguar a capacidade da Galiza para decidir sobre si mesma, sobre os seus sectores produtivos, en definitiva, sobre o seu futuro. Momentos difíciles que se encadran tamén nunha non menos profunda crise do sistema político español, que atinxe a todas as institucións que o conforman, nomeadamente a monarquía, entidade que veu funcionando como principal elemento simbólico dun sistema político que nos nega como nación e que impide o noso libre desenvolvemento como pobo.
Neste sentido, Outeiro sentenciou que “non podemos eloxiar o papel dunha institución cuxo discurso asume as posicións políticas máis reaccionarias en temas clave do actual debate político e social, como son a futura configuración do Estado español, o debate sobre o marco constitucional e as medidas lexislativas e de goberno adoptadas para saír da crise económica que manteñen no desemprego e no sufrimento ás maiorías sociais, sobre quen recae o custe que conleva o mantemento da devandita institución”.
Segundo explicou o portavoz provincial do BNG, “coa abdicación do xefe do Estado no seu fillo, estamos ante un cambio de facianas, un cambio que para nada resolverá os problemas que padecemos no noso País. O que a Galiza precisa é liberdade e capacidade para decidir, precisamos soberanía. E nese espazo verdadeiramente democrático, onde se garanta o dereito de autodeterminación dos pobos, non ten cabida ningún rei”.
“Dende o Bloque Nacionalista Galego non cremos que a alternativa sexa un novo rei, senón unha república, un novo modelo que dea cabida ao espírito transformador, indignado e rebelde dunha sociedade, que na súa maioría, nos últimos comicios, amosou a súa repulsa a un sistema obsoleto e acabado. Cremos en Galiza, na nosa república, na república galega”, concluíu Outeiro.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



