Foz, 5 de xuño de 2014. O Concello de Foz conmemorou este ano o Día Mundial do Medio Ambiente cunha visita a planta galega de tratamento de residuos de Sogama. A concelleira de Medio Ambiente, Maite López Rego, explicou que “este ano os encargados de representar ao noso concello na visita á planta de Cerceda foron os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES de Foz, que dedicaron boa parte da tarde a visitar as instalacións e recibiron unha charla sobre todo o proceso de reciclaxe”.
López Rego engadiu que “dende a Concellería de Medio Ambiente seguimos na teima de concienciar aos veciños e veciñas do concello sobre a importancia que ten o reciclaxe na nosa vida cotiá. É fundamental saber en cal dos colectores de residuos debemos depositar cada cousa para que todo siga o seu proceso normal de reciclaxe. Esperamos que con esta e outras accións que se están levando a cabo sigamos na boa liña e consigamos que o Concello de Foz sexa un dos pioneiros no tratamento de residuos”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



