Viveiro, 23 de xuño de 2014.- O PP de Viveiro, aínda que xa está curado de espanto, non deixa de sorprenderse ante determinadas explicacións que a Sra. Alcadesa ven de facer hai uns días nos medios de comunicación; estas explicacións referidas á solicitude de socorristas viñan a dicir que a culpa de non telos solicitado antes – e xa estamos a 23 de xuño – era da Xunta de Galicia e da pouca dotación económica do fondo de cooperación.
Unhas explicacións peregrinas e que ninguén no seu san xuizo pode crer, xa que o único que intenta, aplicando o que dixo na súa toma de posesión que era o de continuar coa herencia recibida, é a política de tinta de calamar, é dicir tapar a súa ineficacia e a súa inoperancia na xestión, desviando a atención hacia outro foco, neste caso hacia a Xunta de Galicia.
O certo é que Viveiro non vai contar con socorristas ó día 1 de xullo , porque aínda que os solicite estes días, hai uns plazos de tramitación que impedirán que os socorristas comencen o seu traballo na data sinalada. Este lamentable feito será só imputable á deixadez e á falta de dilixencia na xestión ó que nos teñen acostumados o equipo de goberno socialista, quen por non enviar, nin siquiera enviaron a xustificación da axuda do 2013, de ahí que non poideran telos solicitado por anticipado, tal e como si poden facer outros concellos veciños.. Polo tanto que a Sra. Alcadesa non lle bote a culpa a ninguén e que se adique a cumprir coa súa obriga que é a de xestionar, o mellor que se poida, servizos para os veciños e veciñas de Viveiro, e neste caso particular tamén llo agradecerán todos aqueles turistas que nos visiten na época estival e que de seguro se sentirán máis seguros nas nosas fermosas praias.
Outro claro exemplo de deixadez temolo no feito de que Viveiro non solicitase a axuda para a contratación de persoal nas oficinas de turismo, unha axuda consistente en 8.000 € destinada a sufragar o persoal específico destas oficinas dende o mes de xuño ata outubro.
Estas achegas están dispostas para manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios que contan coa declaración de municipios turísticos,tal e como acontece no caso de Viveiro.
Esta resolución do 4 de marzo de 2014 da Axencia de Turismo de Galicia publicouse no DOG do 13 de marzo, e o prazo de presentación foi dun mes,pero a bo seguro que aquí a culpa de non tela solicitada, tamén foi da Xunta de Galicia por ter sacada esta mísera axuda.
Si ben é certo que na oficina de turismo de Viveiro xa existe personal, non é menos certo que moitos viveirenses necesitan traballar e a Alcadesa en vez de facilitar un posto de traballo máis, adícase a perdelo a non facer absolutamente nada por acadar esta subvención. Este novo posto de traballo redundaría nunha mellora da oferta da oficina de turismo que estaría mellor cuberta,o que permitiría a súa apertura durante máis tempo, por exemplo os sábados, domingos e festivos.
O GPP de Viveiro seguiremos insistíndolle á Sra. Alcaldesa para que tente facer unha xestión racional e eficaz para os veciños de Viveiro, aínda que moito nos tememos que será como predicar no deserto, porque ata a data toda a axuda brindada dende o noso grupo foi sistematicamente rechazada.