Os cadetes deron un gran paso para acceder á final da Copa Galega cadete de fútbol sala coa súa vitoria (2-4) na pista do IES Coruxo FS. A escadra mariñá mostrouse superior durante todo o encontro e únicamente a falta de acerto na definición impediu sentenciar o pase á gran final que se decidirá o vindeiro fin de semana.
Burela Pescados Rubén: Luismi, Chiki, Kaká, Mamadou, Aitor -cinco inicial- Aarón, Mini, Xosé, Vilariño, Pitero. Os goleadores foron: Kaká, Mamadou (2), Chiki.
Final Campionato Galego
No encontro de ida da final xuvenil, o Burela Pescados Rubén caeu derrotado pola mínima (4-3) no feudo do 5 Sala Coruña FS nun duelo que os bureleses lograron empatar en tres ocasións, a maior pegada dos coruñeses decantou o partido a falta de vinte segundos. O vindeiro fin de semana dilucidarase o campión.
Burela Pescados Rubén: Marcos, Cora, Renato, Rafa, Riveiro -cinco inicial- Aarón, Mini, Chiki, Mamadou, Borja. Os goles laranxas foron obra de Renato, Cora e Rafa.