CERVO, 10 DE XUÑO. Os socialistas de Cervo veñen de presentar no Concello dúas mocións co obxectivo de “defender o dereito á xustiza de tódolos cidadáns e poñer en marcha un Plan de Apoio á Alimentación Infantil que garanta as necesidades básicas de alimentación daquelas familias que están pasando por momentos económicos difíciles”.
O Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial presentado polo Goberno de Rajoy suporá “a eliminación de oito dos nove partidos xudiciais cos que conta a Provincia de Lugo. Esta medida centralizadora privará ó 60% dos lucenses dunha xustiza accesible, obrigándoos a desprazarse máis dunha hora da súa residencia, co consecuente incremento do gasto. No caso do Concello de Cervo, pasamos de estar a 16 quilómetros do Xulgado de Viveiro a estar a máis de 100 quilómetros, en caso de viaxar ata Lugo”.
O desprezo do Partido Popular cos lucenses que non residen na capital foi unha constante dende a súa chegada ó Goberno, “o PP fai así distincións entre cidadáns de primeira e de segunda coa máxima arbitrariedade posible, diferenciándoos tan só polo seu lugar de residencia”.
Pedimos que dende o Concello de Cervo, “manifestemos un absoluto rexeitamento ó devandito Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, esixindo de maneira inmediata a súa retirada ó Goberno Central por ser unha reforma que atenta contra o acceso á tutela xudicial efectiva dos cidadáns e que o Presidende da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, defenda os dereitos dos galegos iniciando os trámites necesarios para garantir o mantemento do partido xudicial de Viveiro así como dos outros oito que temos na actualidade en toda a provincia”.
Alimentación para os nenos sen recursos
Dende o Grupo Municipal Socialista alertan con outra moción da difícil situación pola que están a pasar moitas familias do noso concello e sobre todo aquelas que teñen membros menores, “a longa crise económica que vimos padecendo, xunto cunha política descontrolada, por parte dos Gobernos do PP, de recortes sociais e desmantelamento dos servizos públicos básicos está a provocar o aumento dramático da pobreza no noso país. Aínda por riba, son moitas as estatísticas que apuntan cifras alarmantes sobre pobreza infantil”.
A falta de ingresos está a provocar que moitas familias teñan que acabar recortando en necesidades básicas como a comida, “os servizos de comedores escolares permitiron mitigar esta realidade para os máis pequenos durante o curso escolar, pero atopámonos ante un final de curso incerto no que esta necesidade pode quedar desatendida ó pechar os centros, e por tanto os servizos de comedor”.
Ante estes datos, os socialistas consideran que “este servizo directo de atención no comedor debería manterse en etapas de vacacións escolares, mediante un Plan Específico de Apoio á Alimentación Infantil”.
Instamos ó Goberno Municipal a “poñer en marcha, de maneira inmediata, este plan para garantir que as familias con menores ó seu cargo, que se atopen en situación de necesidade teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimentación, facilitando o acceso dos menores, polo menos, a tres comidas diarias. Pedimos que dende a finalización do curso no vindeiro mes de xuño, os servizos de comedor continúen estando dispoñibles nos nosos colexios para evitar este tipo de casos”.
O Grupo Municipal Socialista engade que “esta reivindicación que a sumen ás que solicitamos ultimamente sobre a execución do gasto consignado para emerxencia social ou que non deixen pasar cinco meses para resolver as axudas da RISGA, a xente que realmente as necesita non pode agardar ese tempo, porque lle chegan tarde. Que se poñan a traballar polas persoas, polas persoas que necesitan máis ca nunca da súa axuda”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



