O profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee,Gabriel Rei-Doval; o sociolingüista indio Anik Nandi; o impulsor do proxecto Burela, Bernardo Penabade e o presidente de Avoaescola, Francisco López, realizaron unha radiografía sobre a aprendizaxe do galego nunha mesa que estivo moderada polo xornalista Xurxo Salgado, director de www.galiciaconfidencial.com.
Na súa intervención, o profesor Gabriel Rei-Doval, doutor en Filoloxía Galega e profesor de Lingüística Luso-Hispánica na Universidade de Wisconsin-Milwaukee lembrou que os datos sociolingüísticos mostran como a escola axudou, histórica e contemporaneamente, á castelanización dos usos lingüísticos escolares. “Teóricos da revitalización lingüística como Joshua Fishman teñen cuestionado a capacidade do sistema escolar para, por si propio, reverte-la substitución lingüística. As dificultades da escola para influencia-lo complexo casa-rueiro-comunidade estarían na base desa dúbida”, indicou.
“En galego estamos no mundo: facendo acorda-la lingua de Galicia na escola” foi o título da súa intervención na que suliñou que, a pesar deste ambiente hostil xorden “estimulantes innovacións sociais” coma a ferrolterrá ‘Avoaescola’ e as lucenses ‘Burela’ e ’Neo’, “mostras concretas e reais de que dinamiza-la lingua galega desde a escola é non só posible senón tamén aconsellable”.
Rei-Doval indicou que, nun macro-contexto sociopolítico que desfavorece tales iniciativas, a planificación lingüística de abaixo-arriba pode axudar a acordar o galego do “adormecido tecido social en que vivimos”. “A escola soa non pode facelo, mais si contribuír a facelo”, engadiu. Ademais, insistiu que o galego é, antes ca un impedimento, “unha útil ferramenta de interlocución sociocultural”. “Porque, como dicía nos anos 90 unha campaña da USC deseñada desde a Ferrolterra, en galego estamos no mundo”, lembrou.
A lingua constrúe identidades colectivas
“Un dos elementos máis definitorios da cultura dun pobo é, sen dúbida, a súa lingua, xa que -alén de ser o principal mecanismo de comunicación entre as persoas- os idiomas serven tamén para transmitir emocións, sentimentos e valores sociais, atopándose por iso ligados a procesos de construción de identidades colectivas”, comezou o sociolingüista indio Aink Nandi a súa intervención sobre a “situación das linguas minoritarias en educación: unha perspectiva global (India e Galiza)”.
Así, suliñou que as linguas reflicten o núcleo cultural das comunidades que as falan e o desprazamento dun idioma é, recalcou, “indiscutiblemente o primeiro paso cara á súa desaparición”. Por iso, salientou que os sistemas educativos e os medios de comunicación e, por encima de todo, a familia, “xogan un papel moi importante nos procesos de asimilación lingüística”.
Deste xeito, a exclusión das linguas minoritarias da educación formal “incide directamente na perda da diversidade lingüística”, dixo. Por iso, durante a súa intervención referiuse á situación das linguas minoritarias nunha sociedade plurilingüe como a da India e Galicia e destacou a importancia que, en ambas as dúas sociedades, teñen fenómenos como o “cambio do idioma”, a “desaparición” ou extinción das linguas e o papel o que xogan as escolas infantís no “mantemento/revitalización das linguas”.
Modelos concretos: Proxecto Burela e Avoaescola
Pola súa banda, o profesor de lingua e literatura galega no instituto “O Perdouro”, en Burela, e impulsor do Proxecto Burela e Neo de normalización e extensión da lingua galega, expuxo os resultados do Modelo Burela, que agora cumpre dez anos (2004-2014) e que se converteu na iniciativa máis pragmática de todas as que se viñeron aplicando en Galicia. Ademais foi recoñecida por parte de entidades como a Secretaría Xeral de Política Lingüística; a Asociación de Funcionarios; ou da CTNL.
Penabade entregou á Avoaescola copias dos materiais xerados pola posta en práctica do Modelo Lingüístico Aglutinante na localidade de Burela. “Poden ter utilidade tanto para axudar a levantar esta nova escola como para a dotar da estabilidade que lle permita manterse no tempo”, dixo na súa intervención.
Finalmente, Francisco López, presidente de Galiza co Galego asociación que da apoio económico e social a proxectos de educación infantil en galego, agradeceu todos o seu apoio e falou da experiencia da Avoaescola Ferrolterra, un proxecto educativo en galego, que tamén coordina, e que neste momento abrangue ate os 3 anos.
Explicou que a razón de Avoaescola surxe da determinación das persoas socias de Galiza co Galego de facilitar o uso do dereito á educación en galego. Unha Cooperativa baixo a forma de “consumo”, na que pode participar toda a sociedade, familias, educadores/as, entidades,… e que permite pór en marcha unha escola “infantil” sen agardar por trámites, ou recursos…
“Unha en galego cunha pedagoxía que parte da indagación e da investigación-acción, cunha metodoloxía activa, participativa e colaborativa, en busca da consecución da autonomía dos nenos/as, fomentando valores como a igualdade, a solidariedade, a empatía, o respecto, a coeducación, a tolerancia e o coidado do medio ambiente”, indicou.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



