O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza para o vindeiro domingo día 29, unha Ruta de Sendeirismo por Asturias, concretamente van a facer “La Senda del Oso” na Comarca de Los Valles del Oso (Proaza, Santo Adriano, Teverga e Quiros). A “Senda del Oso” e a Vía Verde máis famosa do norte de España, pois as paraxes por onde descorre son de gran beleza natural. Ademais e unha Senda moi fácil, pois o aproveitarse unha antiga vía de tren mineiro, a penas ten desniveis. A Senda conta con cerca de 20 tuneis (iluminados) para poder pasar tres desfiladeiros impresionantes. E a típica Ruta para toda a familia, pois pode ser feita ata polos mais pequenos. Tamén conta para poder facela con bicicletas ou segways de aluguer, sendo un autentico espectaculo para todos-as. Tamen se pode visitar un cercado de osos. A data límiete de inscrición é o mércores 25 de xuño.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



