Cervo, 12 de xuño de 2014- As rúas e os locais de hostalería de San Cibrao encheranse de música e baile tradicional o 28 de xuño dende a mañá ata a noite. Será na Foliada Nordestía, que inclúe numerosas actividades ao redor da música folk e popular galega.
Un evento que organiza a Asociación Cultural Clan-Gaiteiros de San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo. Ambos deron hoxe a coñecer o cartel e o programa nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, e os membros da asociación Clan Jacobo Pernas, Ricardo García e Marcelino Bermúdez.
Nordestía arrincará ás 12 horas co Canto-tocareta de Taberna, no que case unha decena de grupos percorrerán os bares e restaurantes amenizando os locais con temas tradicionais. De forma paralela, os establecementos deseñarán tapas especiais que se servirán durante toda a xornada. Uns pratos que participarán no concurso “Tapa Nordestía” e no que haberá premios para as mellores, que se entregarán ás 15:30 horas xunto cos premios ao mellor grupo do “Canto-tocareta de Taberna”.
A festa continuará pola tarde, a partir das 21 horas, coa Foliada na Praza dos Campos, na que participarán un total de 7 agrupacións chegadas de diferentes puntos da Mariña, da Terra Chá, Terras de Melide, A Coruña e Quiroga. Neste sentido, a organización xa ten pechados os grupos pero fai un chamamento a todos os bailadores que queiran participar e facer máis vistoso o espectáculo, e que recibirán uns detalles por parte da organización.
A Foliada rematará coas actuacións do grupo local Clan Maragato e de Ce Orquestra Pantasma. A edil de Cultura destacou o “papel dinamizador de la hostelería y la economía local de este evento, ya que el ambiente festivo que se creará durante todo el día atraerá a numeroso público. Además, está garantizada la asistencia de agrupaciones de diferentes puntos de Galicia que harán vida en el pueblo durante la jornada”.
Pola súa banda, dende a asociación Clan, Jacobo Pernas resaltou tamén o obxectivo da asociación de “recuperar a tradición de festivais e foliadas baseadas na música popular como forma de exaltar a cultura galega e, ao mesmo tempo, apoiar aos locais de San Ciprián”.