Xove, 30 de xuño de 2014.- Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 19 de xullo vai ter lugar a IIIª Festa dp Percebe. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa.
O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.
As distintas especialidades que se van ofrecer, son:
– Ración de percebes + prato conmemorativo: 10€.
– Ración de empanada de percebes: 3€.
– Ración de empanada de zamburiñas: 3€.
– Ración de empanada mixta de mariscos: 3€.
– Ración de empanada de bonito: 3€.
Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 5 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).
Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación de DISCOMOVIL DP, que van por o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma.
A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cear se así o desexan.
A organización desta Festa corre a cargo da Asociación de Festexos A Medorra, co fin de recadar fondos para organización das Festas Patronais de Portocelo de comezos do mes de setembro. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, a Cofradía de Pescadores de San Ciprián, o Grupo de Acción Costeira de A Mariña-Ortegal da Xunta de Galicia, O Ministerio de Agricultura e Alimentación e o Fondo Europeo de Pesca.
Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



