Lugo, 27 de xuño de 2014.- O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, aproveitou a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial para valorar a manifestación convocada onte en defensa da sanidade da provincia de Lugo así como para reclamar da Xunta de Galiza “que cese na súa política de desmantelar a sanidade na provincia de Lugo”.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga destacou “a alta participación na manifestación convocada onte por parte de numerosos colectivos da provincia de moi diversa índole, o que amosa a unanimidade da sociedade lucense na demanda dunha igualdade de trato no acceso aos servizos sanitarios”.
Unha demanda, que, en palabras do vicepresidente da Deputación “contrasta coa política de recortes que está a exercer o goberno de Feijoo, convertendo o servizo hospitalario de Lugo nunha sucursal do da capital galega”.
Neste sentido, Veiga referiuse ao Hula coma “un caixón moi grande pero sen ningún contido, que vén a ratificar unha política de promesas incumpridas, con fins electorais, que desenvolve o Partido Popular” e insistiu en que “isto só é unha proba máis do desprezo da Xunta ás necesidades de toda a provincia, xa que tamén estamos a vivir o desmantelamento dos hospitais comarcais de Monforte e Burela, que se están a converter en simples ambulatorios; ao que hai que sumar outras medidas como o peche de camas nos hospitais ou o desmantelamento dun servizo tan vital e necesario na provincia de Lugo como é o 065”.
28 de xuño, Día Internacional polos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais
Mañá, 28 de xuño, é o Día Internacional Día Internacional polos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais, un día que ten que servir para demandar unha maior atención sobre a necesidade de traballar contra a discriminación e de facer visíbel unha realidade plural que moitas veces non existe por ser insensibilizada politicamente.
A día de hoxe, en 77 países a homosexualidade aínda está considerada delito, e en 5 deles castigada con pena capital. Hai persoas, incluso, que están refuxiadas no noso país, escapando da homofobia dos seus países de orixe.
“Cómpre, pois, que desde a institucións desenvolvamos un labor neste sentido e planifiquemos accións e actividades ao longo de todo o ano, o que non colide co feito de facer patente, de maneira moi especial arredor desta data, o compromiso para coas reivindicacións da comunidade LGTBI, polo que dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoiamos a manifestación convocada hoxe, ás 18.00 horas, na Praza Maior de Lugo” – precisou Veiga.
“Dado que ese compromiso e apoio non debe ser algo puntual – continuou o vicepresidente- desde esta institución instamos á Xunta de Galiza a que, de xeito urxente, acometa a plena aplicación e desenvolvemento da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación deste colectivo”.
Copa Piragüismo
Noutro orde de asuntos, a Xunta de Goberno celebrada hoxe, aprobou as bases da convocatoria e modelo de solicitude da IV Copa Deputación de Lugo de Piragüismo, a disputar neste 2014. Unha competición para a que a área de Deporte destina 16.800, e na que se dan cabida os seis clubs da provincia, e na que participan arredor de 200 padexeiros e padexeiras e que segundo explicou Veiga “vai no camiño de rexurdir un deporte histórico na provincia de Lugo”.
O vicepresidente da Deputación lembrou que “desde a área de Deporte centrámonos en promocionar deportes autóctonos, deportes do país, e deportes que non gozan do mesmo respaldo mediático e económico que gozan outros, coa posta en marcha de eventos como pode ser esta Copa de Piragüismo, a Volta Ciclista ás Comarcas, a Copa de Baloncesto Base, ou dándolle un pulo xogos tradicionais”.
“Desde o ano 2008, no que comezamos a ter competencias nesta institución, incrementouse o 25% o orzamento en deporte, non só para competicións senón tamén para outras actividades deportivas de índole social, como o programa Movémonos, co que facemos chegar a todos os concellos da provincia, independentemente do seu número de habitantes, e independentemente das capacidades das persoas, porque cremos na igualdade das veciñas e dos veciños no acceso a este tipo de programación”, concluíu o vicepresidente.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



