Vilalba acolle por segundo ano consecutivo a Xornada de Emprendemento e Empresa. Será o vindeiro venres 27 de xuño entre as nove da mañá e as sete da tarde no Centro Cultural e Recreativo da localidade.
Esta xornada gratuíta financiada por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) diríxese a mozos e mozas recentemente titulados con inquietudes empresariais, empresarios con liñas de negocio, novos empresarios ou desempregados.
O programa recolle oito conferencias sobre emprendemento e innovación, axudas e financiamento de ideas emprendedoras, asociacionismo e busca de sinerxías, cooperativismo e creación de SATs no entorno rural, experiencias de emprendemento no rural ou o uso das TICs e as redes sociais para emprender e diferenciarse. Os actores Xosé Antonio Touriñán –socio fundador de Airapro Producións- e Federico Pérez tamén achegarán a súa experiencia persoal emprendedora. Así mesmo, nesta segunda edición baixo o título “Onde estabas? Onde estás?” recóllese a evolución de dúas empresas impulsadas por dous dos participantes na I Xornada de Emprendemento e Empresa en Vilalba: Javier Mouriño – Intermax Technology- e Simón Cabarcos -Blindaxe Sports-.
Nesta xornada moderada por recoñecidos xornalistas, tamén participarán mozos e mozas emprendedoras da zona, responsables de empresas baseadas en tecnoloxías innovadoras, ademais de técnicos de entidades de promoción empresarial.
Despois do xantar de confraternidade (incluído na inscrición), a xornada completarase cunha visita guiada a unha empresa que representa o espírito emprendedor que se pretende inculcar na xornada: Queixería Prestes, situada no Polígono Industrial Sete Pontes de Vilalba.
Inscrición
Os interesados en participar poden formalizar a súa inscrición ata o mércores 25 de xuño enviando un correo electrónico ao enderezo emprendevilalba@gmail.com achegando o nome completo, DNI e teléfono de contacto. As prazas limítanse ao aforo de 150 persoas do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



