Lugo, 10 de xuño de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, este martes, na entrega de premios ao baloncesto de base, que se celebrou no salón de actos do Pazo de San Marcos.
Durante a súa intervención Antonio Veiga parabenizou a todos os premiados e animounos “a seguir practicando un deporte con tanta historia e tantos siareiros na provincia de Lugo, e sobre todo a seguir disfrutando da súa práctica, ao marxe dos resultados deportivos”. Así mesmo o vicepresidente da Deputación destacou “o traballo que realiza a área de Deporte da institución provincial para facer chegar deportes coma o baloncesto ás categorías inferiores dos equipos de todas as comarcas de Lugo”.
Nesta ocasión, o campión provincial de preminibasket foi o Cidade de Lugo; o campión provincial de minibasket masculino foi o Estudiantes Leyma Natura, mentres o campión provincial de minibaslet feminino foi o Divina Pastora.
Na categoría infantil feminina provincial resultou gañador o M2R Sarria. Nesta categoría o quinteto inicial ideal de tempada está formado pola base María Corredoira, do Estudiantes-Marismas, que tamén foi a mellor xogadora da categoría; a escolta Uxía, do Ría de Ribadeo; o alero Clara, do M2R Sarria, a ala Silvia, do Cidade de Lugo; e a pivot Marta, do Carferlo Viveiro.
O Ría de Ribadeo converteuse en campión na categoría infantil masculina provincial. Neste caso, o quinteto inicial ideal de tempada está formado polo base Anxo, do Ría de Ribadeo; polo escolta Alejandro “Garabito”, do Leyma Natura Estudiantes; polo alero Alejandro, do Cidade de Lugo; polo ala Marco, do Pescados Rubén Burela; e polo pivot Diego, do Ría de Ribadeo, mellor xogador da categoría.
No caso da categoría infantil feminina autonómica, o quinteto inicial ideal de tempada está formado por xogadores do Ensino e do Estudiantes, os dous representantes lucenses na máxima categoría infantil. O quinteto ideal está formado pola base Sara, do Estudiantes; a escolta Adriana, do Ensino; o alero Marta, do Estudiantes; a ala María Rural, do Ensino, e o pivot Esther, do Estudiantes, que se converteu na mellor xogadora da tempada.
Así mesmo, o Estudiantes Leyma Natura recibiu o recoñecemento como equipo infantil autonómico masculino, sendo Álvaro Abuín o mellor adestrador, e Andrés Ónega, o mellor xogador da tempada.
Na categoría cadete feminina provincial, o recoñecemento ao mellor adestrador recaeu en Adrián Suárez, do Celtas de Foz; mentres que o quinteto inicial de tempada está formado pola base Carla Gallo, do Mondoñedo Lourenzá, tamén recoñecida como mellor xogadora da tempada; a escolta Rosalía, do Celtas de Foz; a alero Fátima, do Carferlo Viveiro; a ala Gema do Mondoñedo Lourenzá; e a pivot Sinda, do Ensino.
En cadete masculino provincial, o mellor adestrador foi Rubén Engroba, do Hierros Ferreiro, campión de Liga e ascenso a Liga Galega Cadete; mentres o quinteto ideal está formado polo base Dani, do Hieros Ferreiro, melllor xogador da tempada; o escolta Diego, do Cidade de Lugo; o alero Iago Alonso, do Cidade de Lugo; o ala Dani, do Celtas de Foz; e o pivot Donar, de Galén.
Na categoría cadete feminina autonómica o quinteto ideal está formado por xogadoras do ensino e o estudiantes, os dous representantes lucenses na liga galega cadete feminina, coa base Judith, do Ensino; coa escolta Xiana, do Ensino, tamén mellor xogadora da categoría; co alero Ángela, do Estudiantes; coa ala Lara, do Estudiantes; e co pivot Elena, do Ensino.
Na júnior feminina provincial a mellor adestradora foi Cristina Vázquez, do Ensino, e o quinteto ideal está formado pola base Adela Cerrato, do Carferlo Viveiro, mellor xogadora da tempada; a escolta Tatiana, do Carferlo Viveiro; o alero Celia, do Carferlo Viveiro; a ala Ainoa, do Celtas de Foz; e o pivot Mar Centelles do Ensino.
En júnior masculino provincial, o mellor adestrador foi Gustavo Mota, do Estudiantes; mentres que o quinteto ideal está formado polo base Marcos, do Tigros; o escolta Cristian, do Pescados Rubén; o alero Gonzalo, do Sagrado Corazón; o ala Richi, do Estudiantes, mellor xogador da tempada; e o pivot Javi Piedracoba, do Estudiantes.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
