Lugo, 18 de xullo de 2014. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a contía das axudas destinadas ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico para os concellos con menos de 20.000 habitantes da provincia. O vicepresidente da institución e responsable da área de Benestar Social, o nacionalista Antonio Veiga, explicou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que a contía total que se destinará a esta liña de axudas ascende a 675.000 euros, 25.000 euros máis respecto ao 2013. “Mentras a Xunta recorta en Servizos Sociais, nós aumentamos os fondos destinados a atender ás persoas máis vulnerables”, afirmou Veiga. A Deputación financia este servizo até un tope do 70% mentras o resto é financiado polos Concellos e polos propios usuarios que reciben o servizo.
Segundo informou Antonio Veiga “estas axudas encádranse na estratexia de Goberno da Vicepresidencia, centrada na aprobación de medidas que garantan os servizos sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes aos que o Goberno galego deixou sen SAF básico coa aprobación do Decreto de servizos sociais e comunitarios polo que non financia dito servizo nestes concellos, é dicir, en todos agás o de Lugo cidade”.
“Este investimento – continuou o vicepresidente- deixa en evidencia que desde este goberno apostamos polas persoas do rural e o seu benestar preservando os seus dereitos mentres outras institucións non o fan, e tratando de evitar por todos os medios, que o custe do servizo recaia nos usuarios e usuarias. Fronte á Xunta e ao Goberno central, preocupados polo déficit público e centrados na privatización da sanidade e da dependencia, a Deputación lucense ten no seu eixo de actuación as políticas sociais, aínda que legalmente o SAF básico é unha obriga da Xunta de Galiza e non das Deputacións segundo a nova Lei da Administración Local”.
“Feijóo deixa tiradas ás persoas maiores da provincia de Lugo”
Antonio Veiga reprochoulle ao Goberno de Feijóo que “deixara tiradas sen servizo de axuda no fogar ás persoas maiores ou con necesidades especiais dunha provincia coma Lugo, fortemente envellecida e despoboada”. “A Xunta deixou tirados a 66 dos 67 concellos da provincia de Lugo, que só grazas á sensibilidade e a aportación da área de Benestar Social da Deputación poden continuar prestando este servizo básico sen que repercuta nos máis de 2.400 lucenses que se benefician deste servizo”, concluíu Antonio Veiga.
Pese ao incremento da aportación da Deputación, os fondos destinados a axuda no fogar e a outros servizos sociais básicos son aínda “insuficientes para atender as necesidades e a demanda real existente”, afirmou o vicepresidente da Deputación de Lugo, que explicou que “hai 2.400 lucenses que están a ser atendidos pero hai outros moitos en lista de espera que tamén o precisan”. Por iso, invitou á Xunta de Galiza a “facerse cargo das súas responsabilidades e aportar financiamento para que os cidadáns que viven en zonas rurais e envellecidas como a provincia de Lugo reciban os mesmos servizos sociais que os que viven nas cidades”.
A Deputación de Lugo ten recurrido precisamente nos tribunais o Decreto 99/2012 porque nel “a Xunta descarga sobre os Concellos e sobre a Deputación o custe do servizo de axuda no fogar, cando por Lei é a Xunta a que ten que financiar ese servizo social basico”, lembrou o vicepresidente da Deputación lucense.
Creación de 3.000 postos de traballo en toda a provincia
Asímesmo, desde a área de Benestar Social da Deputación insisten “na importancia desta inversión, non só de cara a cubrir as necesidades básicas dos nosos maiores independentemente do lugar no que vivan, senón tamén pola cantidade de empregos directos, principalmente femininos, que xera. Estamos a falar de arredor duns 3.000 postos de traballo en toda a provincia”.
Dos 66 concellos beneficiados (queda excluído Lugo cidade por ter máis de 20.000 habitantes e entrar no financiamento da Xunta), só 3 (Baralla, Meira e Paradela) recibirán este ano unha contía inferior á do ano pasado por teren solicitado os propios Concellos menos cartos. O resto, cando menos, reciben a mesma contía que en 2013 aínda que segundo o baremo non tivesen dereito a eses fondos e 16 verán incrementada a subvención por aumentaren o número de usuarios atendidos e o número de horas de atención que lles prestan.
Baremos obxectivos
Todos os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, todos eles beneficiarios destas axudas da institución provincial na pasada anualidade, acceden de novo a estas subvencións, outorgadas de acordo a criterios obxectivos. Os baremos para o outorgamento das axudas, publicadas nas bases da convocatoria no BOP do día 13 de marzo incluían:
– Taxa de avellentamento: até 40 puntos
– Densidade de poboación: até 20 puntos
– Grao de financiamento por parte do concello: até 10 puntos
– Esforzo fiscal: até 10 puntos
-Outros proxectos ou programas de carácter social desenvoltos polos concellos no ano 2013: até 10 puntos
– Área social á que pertence o concello (segundo o Decreto 99/2012): até 5 puntos
Relación de achegas por concello:
| CONCELLO | SUBVENCIÓN |
| Alfoz |
7.352,00 € |
| Barreiros |
9.477,00 € |
| Burela |
16.790,00 € |
| Cervo |
4.737,00 € |
| Foz |
6.618,00 € |
| Lourenzá |
5.618,00 € |
| Mondoñedo |
16.183,00 € |
| Ourol |
10.720,00 € |
| Pontenova, A |
1.774,00 € |
| Ribadeo |
21.575,00 € |
| Riotorto |
13.861,00 € |
| Trabada |
8.661,00 € |
| Valadouro, O |
8.018,00 € |
| Vicedo, O |
10.147,00 € |
| Viveiro |
40.457,00 € |
| Xove |
40.868,00 € |
| TOTAL |
222.856,00 € |























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



