Lugo, 23 de xullo de 2014.- A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou este mércores a 4ª edición de Termalismo no Camiño que pon en marcha a institución na provincia en impulso do benestar social e o turismo medioambiental. Faino con 60.000 euros de fondos europeos, cos que ofrece a lucenses maiores de 50 anos outras 1.200 prazas subvencionadas, dende agosto e ata decembro, nos balnearios da capital lucense, Palas de Rei e Pantón.
“Arrancamos unha nova edición desta programación logo do éxito das anteriores convocatorias, coas que preto de 3.000 persoas desfrutaron de descontos en instalacións termais da provincia. Con esta nova convocatoria, acadamos, polo tanto, un total de 4.200 prazas subvencionadas, coa que potenciamos o benestar social. Con Termalismo no Camiño impulsamos, ademais, un sector clave para a económica, como é o termal, que xera riqueza e emprego, combatendo o despoboamento demográfico. Unhas 150.000 persoas visitan ó ano Galicia para beneficiarse da súa riqueza mineromedicinal, posto que conta con 7 dos 8 tipos de augas medicinais que existen, xerando beneficios de 126 millóns de euros anuais. Lugo conta, a maiores, con balnearios ó pe dos 800 quilómetros de rutas de peregrinación, convertendo á provincia nun destino de indubidable interese para este tipo de turismo desestacionalizado, tanto a nivel nacional como internacional. Hai que destacar, ademais, que os balnearios son exemplo de modelo de empresa sostible, garantindo o futuro do recurso e fixando poboación grazas á creación de emprego local”, destacou a Deputada.
López Izquierdo estivo acompañada por representantes dos balnearios beneficiados: Antonio Garaloces Paz, do Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas; Antonio Freire Magariños, do Hotel Balneario Río Pambre; e Santiago Villanueva, do Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort. Todos agradeceron á Deputación a súa aposta polo termalismo coa 4º edición desta programación, “coa facilita os tratamentos terapéuticos ós lucenses e axuda ás empresas a continuar coa súa actividade nun momento difícil”, destacou Garaloces. Freire e Villanueva remarcaron o impulso ó rural, posto que Termalismo no Camiño dinamiza o turismo da Ulloa e da Ribeira Sacra, onde os balnearios de Palas de Rei e Pantón son motores de riqueza e emprego destas Comarcas.
Requisitos dos balnearios
Os establecementos participantes son os que resultaron beneficiados do concurso público desta programación, á que puideron optar, tal e como recollen as bases publicadas no BOP, os balnearios da provincia que empreguen as augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde, segundo establece a lei de regulación de augas minerais, termais e de manancial da Comunidade galega. “Dentro da nosa aposta pola defensa dos dereitos dos traballadores e do público, e en cumprimento da Lei de Subvencións”, remarcou López Izquierdo, outros dos requisitos que fixou a Deputación ós balnearios lucenses para poder beneficiarse de Termalismo no Camiño foron: non ter solicitado a declaración de concurso voluntario; non estar declarados insolventes ou en concurso; non estar sancionados mediante resolución firme coa perda de obter subvencións; ou estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias, entre outros.
Descontos
Os 3 balnearios ofrecerán descontos nos paquetes detallados a continuación, que son os que subvenciona a Deputación con 50 euros, facendo que os prezos se rebaixen ata os 80/84 euros sen estancia, e de 180 euros con ela.
6 días con 5 noites de estancia
5 pensións completas
Día de entrada, domingo: incluídos cea e aloxamento
Día de saída, venres: incluídos almorzo e comida e 8 técnicas de balneario
Un recoñecemento médico á chegada
De luns a xoves haberá programas con actividades de animación sociocultural
Poderanse prolongar os tratamentos terapéuticos ata os 10 días, sen desconto da Deputación os 5 días a maiores, pero con prezos economicamente vantaxosos.
Solicitude en agosto
As 1.200 prazas subvencionadas, que se poderán desfrutar dende agosto e ata decembro, distribúese do seguinte xeito: 30 no Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas; 200 no Hotel Balneario Río Pambre; e 970 no Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort.
O prazo de solicitude abrirase durante o mes de agosto e estará dispoñible en www.deputacionlugo.org e no 982-26-00-75.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



