Cervo, 12 de xullo de 2014- O Concello de Cervo informa de que xa está funcionando a nova Oficina de Turismo situada en San Cibrao, nun lugar céntrico e estratéxico, fronte á Casa da Cultura e o Museo do Mar, ao carón da parada de taxis e moi preto da praia do Torno. Un servizo que se abriu ao público o 1 de xullo e, dende entón, foron moitas as persoas, visitantes pero tamén veciños, que se achegaron a ela para obter información.
En concreto, nesta oficina ofrécese apoio, axuda e orientación a turistas e visitantes, dende indicacións e folletos sobre os atractivos turísticos do municipio, da Mariña e tamén de forma xeral de Galicia; ata información sobre festas, a oferta hostaleira, aloxamento, museos, horarios de visita ou medios de transporte. Da mesma maneira este punto pode ser de utilidade para a veciñanza xa que tamén se informa sobre as actividades de lecer que organizan o Concello e as asociacións.
Unha oficina que permanece aberta de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 20 h. e as mañás dos sábados de 11 a 14 h. Un servizo que se ofrecerá nos meses do verán e tamén nos períodos vacacionais e épocas de maior afluencia de visitantes.
O quiosco de Juana
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Turismo, Begoña Alonso, achegáronse esta semana ata a oficina para facer as primeiras valoracións deste servizo xunto a Juana, a que foi propietaria do local que durante 47 anos e ata hai uns meses funcionaba como quiosco.
Alonso destaca que “con la reconversión del antiguo quiosco en una Oficina de Turismo mantenemos la vocación de información que tenía Juana, que durante casi 50 años estuvo ayudando a los vecinos y visitantes, de forma que su quiosco funcionaba como un lugar donde obtener información de todo tipo, siempre de forma altruísta”. Labor que “desde el Concello le agradecemos y reconocemos”. “Cuando decidimos transformar el quiosco en una Oficina de Turismo oficial pensamos que, además de ser un lugar estratégico, sería una forma de dar continuidad a un punto emblemático de San Ciprián, y de mantener el afán de Juana por informar y ayudar a la gente”.
De feito, o Concello optou por facer pequenos arranxos no local pero mantendo e respectando a súa estrutura tan característica, a súa tradicional cor vermella e os demais elementos que distinguían este quiosco. Polo tanto, o Concello quixo conxugar o seu obxectivo de prestar un servizo moi importante aos turistas e visitantes, con manter activo un local con moita carga histórica e emocional para os veciños.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



