Burela, 10 de xullo de 2014. A directora da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, Raquel Hermida, destaca que “la iniciativa, que va ya por su segunda edición, está teniendo una muy buena acogida este verano entre los padres. Cada vez se preocupan más por el desarrollo personal de sus hijos y sobre todo, por mejorar su motivación y su autoestima”.
A Escola de Minitalentos púxose en marcha en Burela o pasado 30 de xuño con 15 nenos e nenos, e dende entón leva a cabo numerosas actividades destinadas a fomentar o talento infantil. Os nenos aprenden a mellorar as súas capacidades para relacionarse, traballar en equipo, comunicar as súas ideas e ser creativos.
Raquel Hermida recorda que “todo el trabajo que se lleva a cabo en esta escuela puede verse en nuestro blog escuelademinitalentos.blogspot.com.es Desde él los padres pueden estar informados de las actividades que hacemos con sus hijos. Un blog que también sirve para animar a otros padres a inscribirse en esta iniciativa que permanecerá activa hasta finales de agosto”.
Os interesados poden poñerse en contacto con Academia A Mariña para inscribir ós seus fillos con carácter semanal ou mensual. Dende o propio centro recordan que “ofrecemos precios especiales para familias numerosas, familias con más de un hijo matriculado o para aquellas que cuenten con un miembro desempleado”. O teléfono de contacto de Academia A Mariña é o 982 58 50 98.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



