Ribadeo, 16 de xullo de 2014. Nas instalacións de Acisa tivo lugar este mércores a entrega de premios ós gañadores dos 500 euros en vales de compra, que se puxeron en xogo na festa Ribadeo Indiano, celebrada a pasada fin de semana na localidade.
Entre os centenares de persoas que fixeron as súas compras no comercio ribadense do 10 ó 12 de xullo, e que depositaron os seus resgardos nas oficinas de Acisa, nos bares Costa Verde e Queimada e na caseta do mercado de productos de ultramar, que Concello e Asociación de Comerciantes instalaron o sábado na rúa San Roque, efectuouse un sorteo o sábado pola noite no transcurso da verbena indiana que tivo lugar no parque de San Francisco.
Once son os premiados con vales de compra polo importe do gasto efectuado por eles mesmos no comercio ribadense, e que oscilan entre os 13 e os 133 euros. Algúns recolleron o seu agasallo este mércores e outros farano ó longo dos próximos días.
Dende a directiva de Acisa destacan “la buena acogida que esta campaña tuvo entre la clientela de los establecimientos asociados y el impulso que supuso para las ventas durante esos días. Agradecemos la involucración del comercio de Ribadeo en la primera fiesta indiana, que organizamos el Concello y Acisa, y la participación de ribadenses y visitantes”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



