Este sábado 12 de xullo a música abre as portas da VII edición do SEMINARIO DE JAZZ e MÚSICA MODERNA de BURELA, que se celebrará os vindeiros días 13, 14, 15, 16 e 17 de xullo . A encargada de abrir este seminario é AMAJAZZ BIG BAND cun concerto que terá lugar, no HOTEL NORDÉS, sito na Avda. da Mariña nº 57 – Burela ás 22.00 horas.
O día 13 todas e todos os participantes compartirán o seu tempo con, voz e guitarra LEO GIANNETTO, violín HARRY C., saxofón e frauta JOSÉ NINE, trompeta e fiscornio RUBÉN SALVADOR, vibrafono ISRAEL ARRANZ, piano JAVIER CONSTENLA, baixo electrico QUIQUE ALVARADO, batería MIGUEL CABANA, e o novo obradoiro ´: BURELA IMPRO, iniciación á improvisación como ferramenta para a millora das nosas capacidades personais,un encontro para conectar coa creatividade a través da música, o movemento, a escritura, a voz, a interpretación e a cor, mediante o xogo e a improvisación. Impartido por ROBERTO PACHECO, trombonista. Tamén os componentes do grupo máis internacional de Galicia SUMRRÁ impartiran unha master class aos alunn@s o mércores.
Todos os días teremos actuacións a partir das 22.00 horas na Praza de Abastos de Burela, sita na Praza da Mariña, excepto o día 17 que o CONCERTO de CLAUSURA ” SONSS DE AFRICA” donde colaborarán os grupos de batuko de Burela, RAVENTOLAS e BATUKO TABANKA, realizarase na Casa da Cultura ás 20.00 h.
O programa de actuacións deste VII Seminario é o seguinte:
SÁBADO 12 de Xullo ás 22.00 h.
CONCERTO APERTURA da AMAJAZZ BIG BAND
Na Terraza do Hotel Nordés
DOMINGO 13 de Xullo ás 22.00h.
CONCERTO dos “ PROFES “ + JAM SESSION
Na Praza de Abastos de Burela
LUNS 14 de Xullo ás 22.00 h.
CONCERTO “CHAVALES “ + JAM SESSIÓN
Na Praza de Abastos de Burela
Martes 15 DE Xullo ás 22.00h.
Concerto de DANI JUAREZ QUINTET
Na Praza de Abastos de Burela
MÉRCORES 16 de Xullo ás 22.00h.
CONCERTO de SUMRRÁ
Na Praza de Abastos de Burela
XOVES 17 de Xullo
CONCERTO de CLAUSURA
“SONSS DE AFRICA”
coa colaboración dos grupos de Cabo Verde residentes en Burela:
BATUKO TABANKA
RAVENTOLAS
Na CASA da CULTURA de BURELA ás 20.00 horas






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



