O voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, interesarase no Parlamento galego polos beneficios que o novo Decreto de ordenación e xestión forestal incorpora para os propietarios dos montes.
Con este obxecto formulará unha pregunta parlamentaria na Comisión 7ª de agricultura e montes do Parlamento de Galicia prevista para mañá xoves, a partir das 10.30 horas.
A Xunta aprobaba e publicaba nas pasadas datas o novo Decreto de ordenación e xestión forestal, un instrumento chamado a desenvolver aspectos clave previstos na nova Lei de Montes e que substituirá e actualizará o regulamento vixente ata ese momento, que databa do ano 1970.
BENEFICIOS IMPORTANTES PARA OS PROPIETARIOS
Balseiro quere coñecer os aspectos polos que o novo Decreto esta chamado a asegurar un aproveitamento diverso e sustentable dos montes e afondar sobre cales son as facilidades administrativas e beneficios comerciais, económicos e fiscais que incorpora esta nova norma para os propietarios.
Os aspectos máis relevantes son os referidos a un acceso privilexiado ás axudas públicas, a posibilidade de obter beneficios tributarios en relación co Imposto de Bens Inmobles e no cómputo no IRPF e a substitución das autorizacións para a maioría das tarefas forestais por simples notificacións a través dun proceso de ventanilla única, polo que estes son, entre outros, aspectos sobre que preguntará Balseiro.
NOVOS INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN ANTES DO ANO 2019
A Lei de montes aprobada a pasada lexislatura establece que a partir do ano 2019 non se permitirán aproveitamentos –incluídas cortas de madeira para uso comercial- a aqueles propietarios que non posúan un instrumento de ordenación ou xestión forestal. E, en previsión a este requirimento, a Xunta aprobou este Decreto, co fin de que todos os propietarios forestais de Galicia se doten destes instrumentos con tempo.
A IMPORTANCIA DO SECTOR FORESTAL EN LUGO
Lugo produce 2,3 millóns de metros cúbicos de madeira, dos que uns 300.000 son xestionados pola Administración a través de terreos consorciados e o resto son montes privados, veciñais ou en man común. A facturación forestal ten un peso importante no PIB (Produto Interior Bruto) da provincia e, con datos oficiais do ano 2010, entre Ribadeo e Ferrol disporíanse de 25 millóns de toneladas de eucalipto, cuxo valor supera os 1.200 millóns de euros. Concellos como o de Trabada son un referente forestal no conxunto do país, e nel se constituíu a primeira concentración de montes privada de Galicia que converteu 7.338 parcelas en 513 fincas.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



