Lugo, 10 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro quixo salientar este xoves que ata once concellos gobernados por PSOE, BNG ou independentes da provincia de Lugo poderán participar nos obradoiros de emprego que, para esta anualidade, foron concedidos pola Xunta.
O Goberno galego distribúe este apoios aos desempregados da provincia en función de criterios obxectivos, das necesidades reais de cada concello, e sen facer diferenzas en función das cores políticas dos seus alcaldes, isto é, sen incorrer en discriminación tal e como si fai Jose Ramón Gómez Besteiro
De feito, Balseiro puxo de relevo que estes datos contrastan co reparto sectario e partidista que efectuou o bipartito da Deputación de Lugo xa que Besteiro deixou fóra do plan provincial de emprego a todos os concellos da provincia gobernados polo PP –pese a que son maioría – excepto a un, Quiroga, no que contratou tan só a oito veciños
A realidade dos datos demostran que a Deputación de Lugo fai un uso partidista dos recursos que son de todos os lucenses, mentres que a Xunta achega os obradoiros de emprego alí onde son máis necesarios, en función do número de desempregados e da valoración que obtiveron os proxectos presentados.
SEN DISCRIMINAR POLA COR POLÍTICA DA ALCALDÍA
Xa vén sexa de xeito individual, como Lugo capital, ou de xeito conxunto con outros municipios, independentes, socialistas e nacionalistas si contan para as políticas de emprego da Xunta, asegura Balseiro.
No caso de Lugo capital a Xunta outorgou un obradoiro na especialidade de documentación dixital e electrónica, que terá 23 participantes e contará cun investimento por parte do Goberno galego superior aos 213.000 euros. Ademais outros concellos da provincia non gobernados polo PP tamén obtiveron obradoiros de emprego da Xunta, de xeito mancomunado, como é o caso dos municipios de O Valadouro, Castroverde, A Pastoriza, Pol, Monterroso e Ribas de Sil –todos eles gobernados polo PSOE-; dos concellos de Mondoñedo e Riotorto, con alcaldes do BNG-; e dos dous municipios lucenses con alcaldes independentes, como é o caso de Chantada e Rábade.
BESTEIRO DISCRIMINA A ALCALDES DO BIPARTITO
Dáse a curiosa circunstancia, indica Balseiro para concluír, que mentres que Besteiro discriminou ao non deixar participar no plan provincial de emprego aos veciños parados de O Valadouro, Lugo, Monterroso, A Pastoriza, Castroverde, Pol e Mondoñedo –con alcaldes afíns ao bipartito- a Xunta si lle outorga o obradoiro de emprego que por dereito lle corresponde, o que supón unha oportunidade laboral para os desempregos destes municipios que foron desprezados pola Deputación.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



