Foz, 29 de xullo de 2014. O Concello de Foz presentou a súa programación cultural e deportiva para o vindeiro mes de agosto. O calendario ábrese este sábado, día 2, coa celebración do XXIX Encontro Galaico-Astur de Corais. A esta cita sucederanlle as festas de San Lourenzo e outras actividades como un ciclo de teatro infantil, os festivais folclóricos da asociación cultural O Feitizo e as feiras multisectorial e do libro na última fin de semana do vindeiro mes.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, destacou que “toda esta programación dará comezo este sábado co XXIX Encontro Galaico-Astur de Corais no que participarán distintas corais de Asturias, A Coruña e A Mariña. Será na Sala Bahía a partir das 19:30 da tarde. Ademais o mércores día 6 no Paseo da Rapadoira ás 21:30 haberá unha exhibición de batuka e zumba, e ao remate, sobre as 11 da noite, farase unha queimada popular a cargo da asociación cultural O Feitizo”.
Ánxel Paleo continuou repasando o cartel de actividades afirmando que “os días principais son os das festas do San Lourenzo, que darán comezo o venres día 8 co pregón ás 20:30 na Casa da Cultura a cargo de Ángel García Rodríguez, máis coñecido co nome de Padre Ángel, fundador e presidente da ONG Mensajeros de la Paz. O Padre Ángel foi Premio Príncipe de Asturias á Concordia no ano 1994. Despois do seu pregón terá lugar o chupinazo e a verbena co Grupo Fénix, a partir das once da noite na praza Conde de Fontao. Ademais, a esta mesma hora ese mesmo día, teremos un concerto nas Torres. Nel participarán tres grupos de música alternativa”.
Paleo engadiu que “as actividades das festas de San Lourenzo continúan o sábado 9 as sete e media da tarde. A esa hora teremos fútbol co XXVI Torneo Vila de Foz que enfrontará ao Viveiro Club de Fútbol e ao Club Deportivo Lugo no Campo de Fútbol Martínez Otero. Despois, ás 20:30, na praza Conde de Fontao será a XVIII Mostra Folclórica Infantil do Feitizo, que conta coa participación da Asociación Cultural Amado Lar, de Ferreira do Valadouro. A mostra dará paso despois á verbena coas orquestras Delirio e Palladium. E o 10, o día grande e principal, teremos a misa ás 12:00 na Igrexa Parroquial e a continuación procesión acompañada da Banda de Música Municipal. Pola tarde, xa ás 20:30, será a XVIII Mostra Folclórica de Adultos O Feitizo, que conta coa participación do grupo San Xiao do Trebo, de Cariño. E logo, á noite, festa verbena coa orquestra Costa Oeste que anticipará o gran espectáculo pirotécnico que terá lugar á 1 da noite na praia da Rapadoira”.
O concelleiro de Cultura comentou tamén que a programación “continúa entre o luns día 11 e o xoves día 14, con mostras de teatro infantil a partir das nove da noite, con entrada gratuíta, no patio do colexio Nº 1. E ademais, o xoves 14 na zona de Tupide estará o festival de música electrónica Tentacle, dende as 12 da mañá ata as 5 da madrugada. O venres 15 contaremos cunha carreira popular coa saída do colexio Martínez Otero ás 10:30 da mañá. E no fin de semana do venres 22 ao domingo 24 viviremos a 3ª Festa Normanda, na que os veciños e visitantes se visten de época para participar nos distintos actos que se fan en varias zonas do concello”.
Para a derradeira semana de agosto Ánxel Paleo destacou “a Semana do Teatro ao Aire Libre, que terá lugar dende o luns 25 ao domingo 31. Nela representaranse obras de diferentes grupos de teatro do concello e da Mariña. Todas estas obras representaranse no patio do colexio Nº1 ás 10 da noite. E para rematar esa fin de semana, de xoves a domingo coincidirán a Feira Multisectorial, que se celebrará no porto, e a Feira do Libro, que será na praza Conde de Fontao.”






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



