Programa definitivo das Festas de Celeiro 2014:
LUNS 21 DE XULLO
21:00 horas: TEATRO NA RÚA no Chao. Rodesindo da Barrosa “O Afiador” de Volta e dalle.
MARTES 22 DE XULLO
21:00 horas: HUMOR NA RÚA na Atalaia. Monólogo do cómico Pedro Brandariz co seu espectáculo “Profundizando na Galicia profunda”.
22.30 horas: Proxeccións NOITES DE LUZ na Praia de Celeiro.
Organiza: Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
MÉRCORES 23 DE XULLO
22.30 horas: MÚSICA NA RÚA na Praia: Sunday Morning Club en acústico.
XOVES 24 DE XULLO
12:30 horas: Chupinazo de inicio das Festas.
12:45 horas: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
18.30: horas: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
21:00 horas: XII FESTA DA CERVEXA E DA EMPANADA.
22:30 horas: Gran Verbena co grupo SAMBA e a DISCOTECA MÓBIL.
VENRES 25 DE XULLO.- DÍA DE SANTIAGO APÓSTOLO
13:00 horas: Misa solemne cantada polo grupo de voces “Sons de Celeiro”. Procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro.
13:00 horas: Pasarrúas a cargo do Grupo “Nova Semente de Celeiro”.
14:15 horas: Sesión vermú con LIMÓN.
17:00 horas: BANDEIRA DE BATEIS “FESTAS DE CELEIRO”.
Organizan: Penalba-Club de Remo Celeiro e Veteranos do Club de Remo Celeiro.
18:00 horas: Pasarrúas a cargo do Grupo “Nova Semente de Celeiro”.
22:30 horas: Gran Verbena con grupo LIMÓN e orquestra ARMONÍA SHOW.
SÁBADO 26 DE XULLO.- DÍA DE SANTA ANA
12:00 horas: Procesión dende a Capela de Santa Ana ata a Igrexa parroquial acompañada pola Banda de cornetas e tambores “Nuestra señora de la Misericordia” de Viveiro.
12:30 horas: Misa solemne cantada polo Coro de Covas. Procesión ata a Capela de Santa Ana acompañada pola Banda de cornetas e tambores “Nuestra señora de la Misericordia” de Viveiro.
13:00 horas: Pasarrúas a cargo do Grupo “Nova Semente de Celeiro”.
14:15 horas: Sesión vermú con orquesta DELIRIO
18:00 horas: Pasarrúas a cargo do Grupo “Nova Semente de Celeiro”.
21:00 horas: Misa solemne cantada polo grupo “Escolma de Meus” de Viveiro. A continuación baixada da Virxe do Carmen en Procesión ata o Porto acompañada pola Banda Naval de Viveiro e a Banda Municipal de Música “O Landro” de Viveiro.
23:30 horas: Gran Verbena con orquesta DELIRIO e orquestra PANAMÁ
DOMINGO 27 DE XULLO.- DÍA DO CARME
10:30 horas: Recepción de Autoridades na Confradía de Pescadores de Celeiro.
11:00 horas: PROCESIÓN MARÍTIMA. A continuación Misa Solemne na lonxa vella cantada pola Coral ALBORADA de Viveiro. De seguido, procesión de subida da Virxe do Carme ata a Igrexa acompañada pola Banda Naval de Viveiro.
13:15 horas: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
14:15 horas: Sesión vermú coa orquesta GALILEA
18:00 horas: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
18:15 horas: Cucañas no porto.
19:00 horas: Tirada de corda na Praia de Celeiro: Solteiros contra casados; solteiras contra casadas e homes contra mulleres.
22:30 horas: Gran Verbena coa orqueta GALILEA
LUNS 28 DE XULLO.- DÍA DAS NENAS E NENOS.
16.30 horas: Actividades para as nenas e nenos fronte a piscina municipal e na Praia de Celeiro
18.30 horas: Actuación do contacontos Peter Punk na Praza do Naufrago.
http://www.culturactiva.org/espectaculo.php?lang=ga&id=8
19:30 horas: Festa da Espuma na Praza do Naufrago.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



