O venres 25 de xullo continúa o Ribadeo Jazz & Blues 2014 coa exposición fotográfica de Esther Cidoncha e os concertos no recinto do festival. As portas abrirán as 20.00 horas, pero Carmen Rey Band non se subirán ao escenario ata as 21.00 horas. Ás 22.45 será a quenda de Bazil Meade featuring Annette Bowen e xa ás 00.30 horas porá fin á noite de música Joanne Shaw Taylor.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



