A Deputación de Lugo, en colaboración co Campus lucense da Universidade de Santiago de Compostela, vén de poñer en marcha a campaña #paraestudarlugo que procura promocionar Lugo como cidade universitaria á vez que aumentar o número de matrículas nos diferentes graos da oferta formativa lucense.
A campaña está centrada en tres obxectivos: a promoción da calidade de vida de Lugo, do Campus lucense como destino para os novos universitarios, ó ter unha das ofertas máis plurais de Galicia, e da matriculación en determinados graos que, durante os últimos anos, viron diminuír o número de alumnos.
Para iso, lanzouse o microsite http://paraestudarlugo.com, que recolle as principais características que definen á cidade e ó Campus. Desde a súa posta en marcha este xoves recibiu máis de 2.000 visitas desde lugares da comunidade galega, como Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense, pero tamén de fóra, como León, Madrid e Cataluña, entre outros puntos do país.
Esta campaña tamén está apoiada a través de diversas accións en redes sociais, tanto da Deputación de Lugo, como da Universidade de Santiago de Compostela, especialmente en Twitter, a través do hashtag #paraestudarlugo e en Facebook, neste último no seu primeiro día de vida cun impacto acadado de máis de 10.000 persoas.
Desconto do 50% na matrícula
A través da campaña #paraestudarlugo, ofrécese un plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións con problemas de demanda, cun desconto do 50% na matrícula a todo o alumnado que se matricule por vez primeira no Campus. O desconto realízase de xeito automático no momento de pagar as correspondentes taxas universitarias dos graos seguintes: Grao de Enxeñaría en Procesos Químicos Industriais; Enxeñaría Civil; Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Lingua e Literatura Españolas; Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
Pódese atopar máis información en http://paraestudarlugo.com, nas contas de Twitter da USC (@UniversidadeUSC) e da Deputación de Lugo (@depulugo), así como na páxina de Facebook do organismo provincial, https://www.facebook.com/diputacionlugo
Un plan de choque con 13 medidas
A campaña forma parte do plan de choque para o impulso do Campus de Lugo que o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o reitor da USC, Juan Manuel Viaño Rey, presentaron en xuño baixo un protocolo de colaboración entre ambas entidades, na que foi a primeira visita de Viaño Rey a Lugo como reitor tras a súa toma de posesión. Este plan de choque inclúe 13 medidas e parte co obxectivo de combater o principal problema da Universidade: a perda de alumnado. Na última década, o número de matriculados descendeu nun 50% no conxunto dos Campus.
As 13 medidas do plan de choque, que se plasmarán en próximos convenios de colaboración para a súa efectividade no curso 2014-2015 e onde se detallará a contía económica que achega cada administración, son as seguintes:
1. Realización dun plan de promoción de Lugo como cidade universitaria e das titulacións do Campus de Lugo.
2. Determinación dun plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións con problemas de demanda.
3. Plan de captación de estudantes doutras nacionalidades.
4. Desenvolvemento dun plan de apoio para as prácticas de campo.
5. Determinación dun plan de bolsas de investigación en grupos.
6. Fomento das titulacións de Máster.
7. Potenciación para a realización de cursos de verán na provincia de Lugo.
8. Estudo sobre a posibilidade de utilizar a Granxa Gayoso Castro para a realización de prácticas universitarias.
9. Impulso da docencia semipresencial ou a distancia mediante a implantación de novas tecnoloxías.
10. Incentivos de Traballos de Fin de Grao e Traballos Fin de Máster.
11. Impulso da divulgación científica e a captación de novos talentos.
12. Estudo sobre a posibilidade de incrementar os fondos existentes na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
13. Análise das infraestruturas deportivas e docentes.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



