
Coa mostra de Acuarelas Marinas do pintor coruñés Miguel Camarero Suanzes quedou inaugurada a Sala de Exposicións no Casino de Viveiro Club Náutico na tarde do sábado 12 de xullo. A mostra permanecerá aberta ó público diariamente, de 11 a 14 e de 18 a 21 horas, ata o 24 de xillo inclusive, sendo a entrada libre e gratuíta. O venres 25 de xullo ás 20.30 horas inaugura a súa mostra de pinturas e esculturas o artista plástico Luís Pachón; continuándose a programación coa exposición do pintor Paco Ascón o 8 de agosto, e o pintor Félix Díaz, o 22. Os catro artistas pertencen á Asociación de Artistas Plásticos Galegos.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



