Ribadeo, 12 de xullo de 2014.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, agradeceu este sábado a total implicación da Xunta envorcada na protección do tesouro natural e turístico da praia, das Catedrais.
O popular fixo estas declaracións no marco da visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen se trasladou á localidade para dar conta do plan presentado o pasado xoves no Consello da Xunta e dirixido a salvagardar e conservar o entorno do areal de Augas Santas.
López Penabad quixo agradecer a preocupación que teñen demostrado desde a Xunta que, por primeira vez, adopta un amplo catálogo de medidas de protección para garantir que este espazo sega a ser un reclamo de primeira magnitude no so da comarca senón de Galicia.
FROITO DO TRABALLO DE MESES
O popular que salientou que a nova conselleira de MATI empeza con forza tomando cartas ante unha situación que xeraba preocupación, sinalou que o plan é o froito dun elaborado estudo desenvolvido nos últimos meses e expresou, en consecuencia, a súa gratitude tamén pola implicación de moi distintos departamentos que contribuíron a facelo realidade e que hoxe estiveron presentes no acto, a través dos seus máximos responsables, como son a Axencia de Turismo de Galicia e a dirección xeral de Conservación da Natureza.
ABERTO Á PARTICIPACIÓN
Para López Penabad resulta moi positivo que o plan de conservación naza aberto ás achegas e participación da sociedade e nese senso aplaudiu a presenza das principais asociacións veciñais da zona. Todo iso con independencia de que a Xunta adopte desde xa, distintas accións de urxencia que se porán en marcha de inmediato, o vindeiro luns, e que implican investimentos moi relevantes.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



