O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, ofrecerá dende a vindera fin de semana menús degustación ós seus clientes. Segundo explica a directora do establecemento, María Hermida, “imos elaborar menús degustación para as fins de semana, ata finais de agosto. O que faremos será ofrecer un menú os sábados e os domingos, que estará composto por varios pratos da nosa carta que lles ofreceremos a modo de degustación a un prezo moi asequible: 19 euros por persoa, bodega non incluída”. Hermida sinala que “o que pretendemos é ofrecer o mejor da nosa cociña e da gastronomía desta comarca ós que nos visiten durante o verán” e anima “a que se acheguen ás nosas instalacións, onde poderán disfrutar ademais da nosa terraza ó lado do río, das nosas racións, cócteles…”.
Menús degustación nas fins de semana de verán no Vila do Val
Menús degustación nas fins de semana de verán no Vila do Val
Relacionado
-
Concerto benéfico da Coral Polifónica de Ribadeo
-
Activo o incendio forestal da Fonsagrada-San Pedro de Río
-
A charanga Bicoia, chegada de terras ourensáns, encheu de ritmo as rúas da vila nun novo Domingueo en Ribadeo, organizado por Acisa dentro do programa ‘O noso comercio é vida, vive Ribadeo’, que se desenvolve ata o 31 de agosto