O vindeiro mércores 16 de xullo comezan os ‘Mércores de natureza’ destinados a mostrar o noso entorno natural e o da Mariña. A primeira actividade será a baixada do Sor en kayaks insumerxibles onde se mostrarán zonas como Ribeiras do Sor, Creximil ou a Illa fluvial de S. Martín ó pasar por debaixo das pontes sobre o Sor. Teñen previsto facer un pequeno baño de descanso na praia do Chamadoiro, cruzar a ría e recalar no porto do Vicedo. Os participantes encontraranse no porto do Vicedo ás 10.00 horas para achegarse a Ribeiras do Sor -punto de inicio do percorrido de 2 horas de duración aproximadas- en furgonetas da empresa Actividades Estaca. O prezo da actividade é de 15 euros. Os interesados poden inscribirse no teléfono 982 590 195.
‘Mércores de natureza’ en kayaks polo Sor
‘Mércores de natureza’ en kayaks polo Sor
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura