Este mércores 30 de xullo a partir das 10.00 horas O Vicedo acollerá unha nova actividade dos ‘Mércores de natureza’. Trátase dunha ruta mixta de sendeirismo e kaiaks que comezará na praia de Xilloi facendo parte da ruta homologada pola Federación de Montañismo Costa de O Vicedo (PR-G156) e continuando despois polo sendeiro da costa ata o porto do Barqueiro. Despois, os que queiran embarcarán en kaiaks para facer unir os mesmos puntos por mar, é dicir, entre o porto do Barqueiro e a praia de Xilloi. Hai a posibilidade tamén de facer ida e volta en sendeirismo. En caso de participar na parte dos kaiaks o custe será de 15€ por persoa. Inscrición no 982 59 01 95.
Mércores de natureza no Vicedo cunha ruta mixta pola costa
Mércores de natureza no Vicedo cunha ruta mixta pola costa
Relacionado
-
O Concello de Burela celebra este xoves, no marco das Festas de Burela 2025, o Karaoke Sénior no auditorio da Casa da Cultura
-
A pastelería e cafetería ‘Los dulces de Delphine’ abriu en Ribadeo, na rúa San Roque número 29, e integrouse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa)
-
O Concello de Cariño abre o prazo para inscribirse no campamento ‘Concilia Cariño Verán’, unha alternativa de lecer educativo que ten como obxectivo axudar á conciliación familiar durante as vacacións escolares de verán