Burela, 23 de xullo de 2014.- Nota do BNG burelés sobre o Pleno Extraordinario celebrado este mércores.
O PP goberna a golpe de improvisación e sen rumbo certo, co encarecemento dos servizos municipais como única folla de ruta
O Grupo Municipal do BNG quedou sen voz no pleno extraordinario celebrado hoxe en Burela, debido á falta de previsión e rigor coa que se fan as convocatorias para os plenos municipais. O Sr. González Barcia ven de convocar un pleno extraordinario esta semana con só dous días de antelación e a menos dunha semana para a celebración do pleno ordinario que tiña que terse celebrado esta mesma semana.
A parte de dificultar o traballo dos grupos municipais, limitar as iniciativas e mesmo a asistencia aos propios plenos, este xeito de convocar o plenario denota unha falta de previsión absoluta por parte do Goberno Municipal do PP. Para Gonzélez Barcia, o “extraordinario” é norma e o “ordinario” excepción, como se deriva das convocatorias realizadas durante estes tres anos que van de lexislatura. O PP goberna a golpe de improvisación e de plenos extraordinarios para aprobar in extremis distintos asuntos que deberían ser tratados por vía ordinaria, en tempo e forma.
Esta xestión irresponsábel non só merma a calidade democrática dos plenos, senón que supón un gasto innecesario para as arcas municipais. O PP, o partido dos recortes en materia social e do encarecemento dos servizos básicos, non ten ningún tipo de problema en duplicar gastos en plenos totalmente arbitrarios e innecesarios.
A Escola Municipal de Música camiña cara á elitización da formación musical en Burela da man do PP
O PP ven de asestar un duro golpe á formación musical en Burela, coa modificación da ordenanza fiscal que regula as taxas da Escola de Música Municipal. Aos incrementos que se aplicaron nestes tres últimos anos nas taxas de matriculación, agora haberá que engadir unha nova suba que repercutirá directamente en todo o alumnado, dificultando o acceso á formación musical de moitas familias.
No pleno extraordinario celebrado hoxe, o PP aprobou en solitario esta suba dos prezos coa excusa de “incrementar” a matrícula na Escola de Música, argumento dificilmente críbel se analizamos a modificación da Ordenanza fiscal proposta polo Goberno Municipal. Aínda que aparentemente as taxas semellan máis baratas, na prácita as matrículas van ser moito máis caras para a maioría do alumnado que cursa estudos na Escola de Música. Isto é debido á eliminación das exencións e bonificacións das que se podía beneficiar o alumnado coa Ordenanza anterior. A nova Ordenanza elimina a exención total das taxas para as unidades familiares con ingresos inferiores ao 100% do SMI. Tamén se elimina a bonificación do 25% para o alumnado empadronado en Burela, o 20% para unidades familiares con ingresos entre o 100% e 120% do SMI, ou a exención para membros activos da Banda.
No caso concreto do alumnado empadroado no Concello de Burela, que curse “Música e Movemento” ou “Formación de Persoas Adultas”, terán que asumir un incremento de 11,59 € na matrícula para o próximo curso, sempre e cando non asistan a algunha “Agrupación”, pois nese caso o incremento total sería de 99,59 € con respecto á taxa de 2013. O mesmo acontece co alumnado empadroado que curse “Formación Integral”, que tará que pagar 22,66 € máis do que pagaba no curso anterior. A nova Odenanza é totalmente inxusta ao non establecer diferenzas entre o alumnado de “Formación Intregral” e que asiste a todas as mateiras e o alumnado de “Formación Non Integral” que asiste a materias soltas. Por se non fora pouco, os alumnos e alumnas que asistan a algunha agrupación da Escola (Coro, Banda, Orquestra ou Jazz) terán que pagar 80€ por cada unha destas materias. Tal como está redactada a propia Ordenanza, o alumnado que curse “Formación Integral” terá que pagar a parte dos 246,53 € de taxas, 80 € pora cada agrupación á que asista. No canto de potenciar as agrupacións da Escola mediante bonificacións ou exencións para o alumnado que participa nelas, o PP aplica taxas, poñendo en serio risco a supervivencia das propias agrupacións, como no caso da Banda de Música.
O BNG está totalmente en contra desta modificación da Ordenanza por ser inxusta ao eliminar a progresividade e dificultar o acceso á formación musical para as rendas máis baixas. Tampouco é de recibo proceder a esta modificacións ás portas do mes de agosto, un mes de case total inactividade e sen marxe de maniobra para a comunidade escolar. O PP está a elitizar a Escola de Música co encarecemento deste servizo, pondo en risco a supervivencia do propio centro musical, e como sempre ás presas e ás agachadas.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



