A Mariña, 8 de xullo de 2014. O BNG súmase ás denuncias presentadas por unha empresa que chegou a un acordo contractual para alugar a aldea etnográfica de Carelle Grande para realizar un curso de verán. Despois de reunirse con responsábeis da empresa contratante das instalacións, “os nacionalistas súmanse á súa preocupación pola situación vivida nestes días de estancia en Muras con nenos de curta idade como vítimas inocentes da actitude miserábel e fraudulenta do alcalde, que non dubidou en acosar e esixir diñeiro en man ofrecendo unha imaxe lamentábel e feudal do concello que considera da súa propiedade particular”.
O MODELO DE ACTUACIÓN FEUDAL DO ALCALDE DE MURAS NON REPARA EN SI OS PREXUDICADOS SON NENOS DE CURTA IDADE
O concelleiro do BNG en Muras, Manuel Requeixo, reuniuse na tarde de onte con responsábeis do campamento de verán que alugaron mediante contrato as instalacións da Aldea Etnográfica de Carelle Grande para realizar un curso de verán con nenos de curta idade, que se ven obrigados a marchar antes do seu remate polo acoso e a actitude miserábel do alcalde, Issam Algnam. “Os nacionalistas aseguran que o alcalde someteu ao acoso e a extorsión a este grupo de visitantes sen importarlle que entre os as e os afectados estiveran nenos de curta idade, como vítimas inocentes dos seus manexos”.
O BNG, á vista do contrato asinado entre os xestores do campamento e o concello de acordo cunha memoria de actividades presentada pola empresa responsábel do campamento, consideran que a imaxe ofrecida polo alcalde e por extensión do concello de Muras “é mais propia dunha película de terror de serie B que dun concello cuxa preocupación debe ser ofrecer boa acollida aos seus visitantes e vender ao exterior os seus valores naturais e culturais”.
Afirman que o alcalde unha vez mais actuou como si o concello fose a súa finca particular, “non se entende que habendo uns condicionantes explicitados e aceptados na memoria de actividades e nun contrato, o procedemento de pago sexa a esixencia de pagos parciais en metálico de 3.000 euros esixidos polo propio alcalde.”
UNHA ALDEA ETNOGRÁFICA CHEA DE IRREGULARIDADES NA ADQUISICIÓN, EXECUCIÓN E AGORA NA SÚA XESTIÓN
Os nacionalistas lembran que levan anos denunciando irregularidades na tramitación da compra e obras executadas para o proxecto da Aldea Etnográfica de Carelle Grande, con fincas e propiedades inmobiliarias do alcalde vendidas ao concello que preside, con empresas contratadas para a execucións das obras que non están facultadas para contratar obra pública por ser Comunidades de Bens, e agora cunha xestión das instalacións fraudulenta e da que se dubida dos permisos autonómicos para a súa explotación.
O BNG reclamará no Parlamento Galego explicacións arredor do estado de tramitación do proxecto da aldea etnográfica para coñecer si este conta cos permisos da administración galega para a súa explotación. Advirten que de non ser así, ás denuncias e demandas xudiciais presentadas polos promotores do campamento poderían sumarse outras das que o concello pode saír moi mal parado pola irresponsabilidade do alcalde.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



