Lourenzá, 18 de xullo de 2014. O BNG de Lourenzá denuncia a pésima xestión levada a cabo polo concello con respecto ás obras do Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos. O que xa hai anos comezara a xestionarse en Lourenzá froito da colaboración do goberno municipal, daquela encabezado polo señor Vidal Martinez Sierra, e a propiedade do pazo, pasa agora a ser un risco inminente para a estabilidade orzamentaria do concello.
Vaia por diante o apoio do BNG ao goberno laurentino do agora exalcalde Vidal Martinez Sierra cando este iniciou os trámites precisos para levar a cabo unha actuación que consideramos axeitada, como é a de por en valor o Pazo de Tovar xunto coa súa historia dentro dun dos marcos máis fermosos e incomparables de toda a mariña de Lugo como é o val de Lourenzá. Pero isto non é excusa para non pedir responsabilidades ao equipo de goberno actual encabezado pola alcaldesa Émma Álvarez Chao e o tenente de alcalde Dino Vidal García.
Unha irresponsabilidade que pode incrementar en case 100.000 € a débeda do Concello
Lembremos que dita obra inicialmente orzamentada en 165.000 € estaba previsto fora financiada aproximadamente nun 7% con fondos municipais, nun 33% por fondos achegados pola propiedade privada do pazo e un 60% pola Xunta de Galiza a través do AGADER. A día de hoxe o certo é que o AGADER (Xunta de Galiza) xa iniciou oa trámites para pedir ao concello a devolución íntegra da subvención aducindo textualmente que unha vez finalizadas as obras e nunha visita de control efectuada polos técnicos do AGADER puidose comprobar como o museo non se encontraba operativo nin equipado para conseguir a súa finalidade última recollida no pliego de condicións co cal non se cumprían as bases da convocatoria. Isto implicaría a devolución dunha subvención cifrada en 98.000 € que o concello tería que devolver en cargo aos seus orzamentos. A día de hoxe o concello de Lourenzá ten interposta unha alegación que certamente parece difícil que prospere.
O BNG de Lourenzá esixe que se depuren as responsabilidades
Os nacionalistas Laurentinos tamén queren lembrar a existencia doutro dato que mostra actuacións canto menos de dubidosa ética por parte do goberno municipal como é o feito de que a redacción do proxecto e a dirección de obra moi curiosamente fose encomendadas a un familiar directo do Concelleiro de Obras e Persoal do concello de Lourenzá.
Dende o BNG de Lourenzá consideranse estes feitos como de extrema gravidade e demostran unha vez máis a falla de supervisión e control do equipo de goberno local que parece non estar no importante e preocuparlle máis cobrar os seus salarios ou colocar á familia no concello. Ao entender dos nacionalistas laurentinos existen responsabilidades que deben aclararse de inmediato á vez que apuntan que o concello non pode ser unha ferramenta ao servizo do partido Popular para colocar á familia e tapar con fondos públicos os erros técnicos e administrativos do goberno local.
A deficiente ou máis ben nula xestión do equipo de goberno respecto ao seguimento e evolución do proxecto e as súas repercusións poderían implicar un revés económico de consideracións moi importantes segundo o BNG para un concello xa de por si bastante abafado polo Plan de Axuste. No BNG local consideran que todos estes feitos e sucesos supoñen un incumprimento moi grave das funcións da alcaldía ou da concellería de obras, xa fose na súa función de supervisión das obras ou na función de supervisión da dirección de obra e esixen que se depuren as responsabilidades de todas aquelas persoas implicadas na xestión deste proxecto.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



