Barreiros, 15 de xullo de 2014. Os veciños e veciñas de Barreiros están sen auga e o BNG afirma que “é a consecuencia da política urbanística levaba a cabo nos últimos anos polo Partido Popular”. A portavoz municipal nacionalista, Ana Ermida, explica que “levamos toda a fin de semana con problemas na presión da auga e desde a tarde de onte, luns, as parroquias costeiras do concello están sen subministro”. O problema afecta a toda a franxa costeira, dende San Cosme, San Miguel, Reinante e San Pedro, podendo estar afectados unhas 5.000 persoas, entre residentes habituais e veraneantes.
O BNG de Barreiros afirma que “o tempo veu a darnos a razón, aquí están as consecuencias do desastre urbanístico de Barreiros e da política sen xeito do Partido Popular: querían facer o Sanxenxo do norte e o que conseguiron foi deixar aos veciños e veciñas sen algo esencial e básico como é ter auga corrente nas súas casas”, afirma Ana Ermida, que chama a atención tamén sobre os “efectos negativos sobre os negocios de hostelería e a economía do concello no verán”.
Ana Ermida insiste en que “aínda que pretendan presentalo coma unha cuestión dunha fuga puntual, ante o que estamos é ante un problema que se dá todos os veráns e que se agudiza a medida que se incrementa o número de visitantes ao noso concello. Nesta ocasión é unha fuga que baleira os depósitos, o ano pasado eran as tuberías que non deixaban pasar a auga ou unha captación que deixaba a Barreiros sen auga… Sempre hai desculpas e o que se fai é poñer parches a unha situación insostible que vén de unha política urbanística que deixou e promoveu as construccións masivas sen ter garantidos os servizos mínimos”.
“É insultante que o alcalde pida aos veciños que busquen a fuga”
A portavoz nacionalista asegura que “é absolutamente insultante que o Alcalde pida á veciñanza que detecten as fugas de auga, en lugar de dar explicacións e contestarlle ás persoas que tentan localizalo ao longo destes días. Para o único que se acorda das veciñas e dos veciños é para pedirlles colaboración e para impoñerlles continuas subas no prezo da auga sen que eses cartos supoñan ningunha melloría no servizo.”
O grupo municipal do BNG levará ao vindeiro pleno un problema que se repite todos os veráns en Barreiros: os continuos problemas na rede de subministro de auga. A formación nacionalista rexistrará unha iniciativa no concello na que se lle pide ao goberno municipal que “dunha vez por todas, se poña a traballar para darlle solución a un problema que se vén arrastrando de anos atrás e que cada vez empeora. Que asuman a súa responsabilidade e que dean a cara diante da veciñanza e deixen de poñer disculpas para evitar recoñecer que esta situación é consecuencia directa da súa política, da súa incapacidade e da súa interesada xestión urbanística”.
Devolución dos cartos aos veciños
Por estas razóns, o BNG pedirá que os recibos da auga dos meses nos que haxa problemas de subministro se vexan reducidos proporcionalmente, rebaixando o custe do recibo cando existan cortes ou falla de presión que impidan utilizar a auga municipal; xa que consideran “é o mínimo que debe facer este goberno incapaz de atallar o fondo do problema que crearon eles mesmos coas súas falcatruadas urbanísticas e cuxo coste están cargando sobre as veciñas e veciños.”
Para o BNG “non é de recibo que se poña máis empeño en realizar actos de propaganda ca en solucionar os problemas nos servizos básicos das veciñas e veciños. Esta é a proba máis palpable do paripé que se fai, por exemplo co izado das bandeiras azuis, no que o BNG non toma parte nun acto que lexitima a política do PP en Barreiros e a súa promoción turística cando, na realidade, as persoas que visitan o noso concello están levando unha imaxe penosa de falta de servizos como a auga ou problemas evidentes no saneamento e depuración.”

















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



