A Mariña, 11 de xullo de 2014. O BNG da Mariña por medio do portavoz municipal do BNG en Muras, Manuel Requeixo e o Vice-responsábel Comarcal da organización na comarca mariñá, Xoán Antón Estúa, puxeron en coñecemento da guardia civil a existencia dun vertedoiro ilegal de residuos sólidos na antiga escola rural de Irixoa no concello de Muras. Para a fronte nacionalista este é un exemplo mais da falta de respecto do alcalde de Muras, Issam Algnam, que consinte e ampara este vertedoiro en terreos de xestión municipal do seu concello que non conta nin coas prescricións técnicas e legais dun punto limpo.
O BNG denunciou ante a guardia civil de Muras a existencia dun vertedoiro ao ar libre no concello de Muras en terreos de xestión municipal, do que se descoñece a súa temporalidade pero acumula residuos agrícolas, electrodomésticos e outros enseres domésticos sen darse as condicións legais e técnicas pra ser considerado un punto limpo.
A fronte nacionalista deulle trámite mediante esta denuncia ás queixas de veciños do concello que reclaman solucións ante un depósito ilegal de residuos do que se descoñece a súa temporalidade sen darlle traslado a un xestor autorizado de residuos. Os nacionalistas chaman unha vez a mais a atención ante a irresponsabilidade do goberno local que crea pola súa conta un punto limpo sen contar coas características técnicas e legais que require este tipo de depósitos, nun lugar de acceso libre, onde ademais fanse queimas como demostran algunhas imaxes captadas no lugar.
Os nacionalistas reclaman ao goberno local maior respecto medio ambiental nun concello cheo de valores naturais, o cumprimento da lexislación para este tipo de depósitos e a xestión adecuada dos residuos.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



