Os calendarios de Primeira e Segunda División para a tempada 2014/2015 quedaron configurados trala celebración da Asemblea Xeral de Clubs. O novo balón Kelme Star 15 comezará a rodar coa Supercopa de España na primeira semana de setembro e a Liga Regular comezará en Primeira División o próximo 13 de setembro, mentres que en Segunda farao unha semana despois, o día 20. A Liga regular finalizará o 26 de abril no caso de Primeira, mentres que en Segunda pecharase o 3 de maio.
O sorteo dos calendarios levouse a cabo durante a celebración da Asemblea Extraordinaria na Cidade do Fútbol de Las Rozas, estableceu unha primeira xornada ligueira con encontros espectaculares. O vixente campión de Liga, Inter Movistar, defenderá o seu título na pista do Burela Pescados Rubén e o FC Barcelona desprazarase á cancha do recentemente ascendido Levante UD MD.
PRIMEIRA DIVISIÓN
XORNADA 1. 13/09/2014
Burela Pescados Rubén – Inter Movistar
Magna Navarra – Santiago Futsal
Levante UD MD – FC Barcelona
Palma FS – Aspi Vidal Ribera de Navarra
Umacón Zaragoza – Jaén Paraíso Interior
ElPozo Murcia – Uruguay Tenerife
Marfil Santa Coloma – Azkar Lugo
Peñíscola – Montesinos Jumilla
XORNADA 2. 20/09/2014
FC Barcelona – Burela Pescados Rubén
Inter Movistar – Peñíscola
Montesinos Jumilla – AE Palma FS
Aspi Vidal Ribera Navarra- Magna Navarra
Santiago Futsal – Umacón Zaragoza
Jaén Paraíso Interior – – ElPozo Murcia FS
CFS Uruguay Tenerife – Marfil Santa Coloma
Azkar Lugo FS – Levante UD MD
Calendario Primeira División fútbol sala 2014/2015: http://www.lnfs.es/Data/Adjuntos/CalendarioPrimera1415956114040.pdf
A Supercopa de España abrirá a tempada 2014/2015
A Supercopa de España será a competición encargada de dar o pistoletazo de saída á nova tempada. O Inter Movistar, campión de Liga, e ElPozo Murcia, subcampión de Copa, loitarán por levantar o primeiro trofeo da campaña nun duelo a ida e volta, que se disputará a primeira semana de setembro.