Barreiros, 15 de xullo de 2014. O Concello traballa para detectar a fuga que se produciu na traída da auga en Barreiros nas últimas horas. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, asegura que se trata dun problema importante porque os depósitos baléiranse “e en tres ou catro horas se perden 600 metros cúbicos de auga”.
O rexedor explicou que “desde o pasado sábado aquí en Barreiros vimos detectando na rede de auga unha perda de presión importante, pero na tarde de onte víamos como en tres ou catro horas se baleiraban os depósitos totalmente”. Alfonso Fuente Parga indicou que “estamos a traballar para buscar unha fuga que ten que haber nalgunha das xerais, que fai que eses depósitos se baleiren. Onte a partires das nove da noite parroquias como San Cosme, San Pedro de Benquerencia, San Miguel ou Reinante estaban con moi pouca presión de auga ou apenas chegaba a algúns puntos”.
O rexedor dixo que “hoxe mesmo me dirixín ao parque de bombeiros, que vai colaborar co seu camión nodriza para encher o depósito de Reinante e así ter os depósitos cheos e tentar detectar canto antes esa fuga. Tamén facemos un chamamento a que calquera persoa que poida detectar que nunha cuneta ou nun rego hai moita cantidade de auga a que nos avise inmediatamente, porque desde onte á tarde con todos os operarios están a buscar esa fuga. Incluso fomos ver todos os cortes que fixo a empresa do gas (a que constrúe o gasoduto) para saber onde se cruzaban esas obras coa traída da auga e ver si rompeu algo, se está sen reparar e se perde por aí a auga”.
Alfonso Fuente subliñou que “estamos traballando para resolver canto antes este problema, poñendo todos os medios que temos nese afán e chamado incluso aos bombeiros”. O alcalde barreirense contou que “esta noite ás dúas da madrugada pechamos todas as saídas para encher todos os depósitos e hoxe á sete da mañá volvemos dar servizo, pero algunhas parroquias ás nove aínda non lles chegara a auga, porque ata que vai enchendo a rede pasa algún tempo. E iso é debido a unha fuga que estamos tentando localizar. É unha fuga importante porque en tres ou catro horas se están a perder uns 600 metros cúbicos de auga, que é un consumo moi grande”.
O rexedor comentou que “o depósito que se baleira é o que coñecemos coma o da Folgueirosa, entón empeza a tirar do depósito da Barranca en San Miguel e tamén o baleira e iso nos imposibilita para encher o novo depósito de Reinante, que é o que van encher esta mañá os bombeiros de Barreiros. E por outro lado, o depósito de Merille ao non ter A Folgueirosa, que é o seu aporte máis grande, tamén se baleirou onte á tarde. Non é para nada o excesivo consumo, senón que é debido a esa fuga que temos que detectar dalgún xeito inmediatamente para poder arranxar este problema”.
E engadiu que “as parroquias afectadas son as da costa: San Cosme, San Pedro, San Miguel e sobre todo Reinante, que é a que está máis lonxe e é a que primeiro se queda sen auga. Ao quedar sen auga Reinante, empeza a quedarse sen auga San Miguel, pérdese presión en San Pedro e a parroquia de San Cosme queda con moi pouca auga”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



