Cervo, 9 de xullo de 2014-A delegación de Seguridade Cidadá informou hoxe dos cortes de tráfico previstos durante a celebración das Festas na honra da Virxe do Carme que organiza a Comisión de Festas e coa que colabora o Concello de Cervo. O primeiro producirase este venres día 11 durante todo o día. En concreto, quedarán pechadas ao tráfico as rúas do Torno, Beiramar e Figueiras dende as 9 ata as 21 horas de forma ininterrompida.
O motivo é a celebración do Día do Deporte que se desenvolverá na Praza dos Campos, na prazoleta da Casa da Cultura e nas rúas do contorno de 11 a 15 e de 16 a 20 h. Unha actividade que inclúe a práctica de numerosas disciplinas e actividades lúdicas, como é o caso de fútbol sala, baloncesto, xogos deportivos, deportes de raqueta, coches de radio control, tirolina, rocódromo, pista americana, inchables infantís e festa da escuma.
Ademais, esas mesmas rúas, O Torno, Beiramar e Figueiras, tamén estarán pechadas os días 15 e 16 con motivo das Festas do Carme durante toda a xornada.
Nesas datas citadas quedará prohibido o estacionamento de vehículos nesas rúas e a circulación só estará permitida no caso de residentes, e carga e descarga. Dende o Concello de Cervo piden desculpas de antemán polas incomodidades que poidan ocasionar estes cortes de tráfico.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



