Lourenzá, 7 de xullo de 2014. A Concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, foi a encargada de anunciar a posta en marcha dos cursos de natación que se levarán a cabo, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto, na piscina municipal. Neles poderán participar “tódolos nenos maiores de seis anos, ou ben que os vaian a cumprir neste ano 2014”, tal e como explicou Flórez.
A Concelleira recordou que “a piscina municipal leva aberta dende o día 1 de xullo e será a partir do 15 deste mesmo mes cando se oferten os cursos de natación”. Unha actividade que, como recordou Lupe Flórez, “xa ven sendo habitual nos últimos anos.”
Dende o Concello explican que “poderán participar tódolos nenos nacidos dende o ano 2008 cara atrás”, tal e como comentou a concelleira na presentación da actividade. Lupe Flórez tamén deu a coñecer o horario dos cursos, que se levarán a cabo os martes e os xoves pola mañá, en agrupamentos diversos segundo o nivel de natación dos nenos participantes.
Todos aqueles veciños que queiran inscribirse ou recibir unha información máis detallada sobre os cursos poderán facelo a partir de hoxe nas oficinas municipais. Alí, encontrarán toda a información pertinente.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



