Como ven sendo habitual todos os segundo e cuartos domingos de cada mes, a Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco impulsan a iniciativa conxunta ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca: o Mercado do Souto que se celebrara na Praza do Souto en Cervo. Deste xeito, este domingo 27 de xullo celebrarase outra edición entre as 10.00 e as 14.00 horas.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



