Ribadeo, 18 de xullo de 2014. O grupo de clarinetes da Banda Municipal de Ribadeo foi o encargado de poñer a nota musical na tarde de onte xoves no acto de inauguración da Feira do Libro ribadense. Cinco rapaces que se forman actualmente na Escola de Música de Ribadeo e que son compoñentes da Banda de Música, foron os encargados de interpretar temas moi coñecidos e relacionados coa temática da feira. Fixérono, dirixidos polo director da Banda e profesor de clarinete, David Ballester.
Balleste afirmou que “dende o Concello pedíronnos a nosa colaboración para poñer a nota musical a este acto e así o fixemos. Actuamos seis membros da Banda Municipal de Música e levamos a cabo un repertorio bastante variado.”
Para o director da Banda Municipal, “o obxectivo foi que quixemos tratar tanto obras que teñen que ver cos temas da Feira do Libro, coma foi o caso de Os teus ollos, pero tamén outras obras moito máis coñecidas coma a banda sonora de La Gran Evasión ou o My Way de Frank Sinatra”.
Ballester remarcou que “quixemos poñer a nota musical tocando o clarinete antes e despois do pregón, para amenizar esta interesante Feira do Libro”. A feira comezou onte xoves e continuará ata o vindeiro domingo 20 de xullo.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



