Continúa en Ribadeo o Festival de Jazz & Blues de Ribadeo este sábado 26 de xullo coa exposición fotográfica de Esther Cidoncha que se pode visitar na sala de exposicións entre as 10.00 e as 14.00 horas e das 17.00 ás 21.00 horas. Os concertos, no recinto do festival, comezarán ás 21.00 horas con Víctor Aneiros Acoustic Band. Posteriormente, a partir das 22.45 horas, Cosmosoul subirase ó escenario para rematar a xornada con Nicholas Payton Trio a partir das 00.30 horas.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



