Santiago, 14 de abril de 2014.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra anunciaron a inminente adxudicación do plan director do Hospital da Costa, isto, é do proxecto técnico que determinará, de xeito detallado, como deben ampliarse as estruturas e servizos do centro hospitalario da Mariña lucense.
Os populares mantiveron esta mesma tarde, con ocasión da sesión plenaria do Parlamento de Galicia, unha xuntanza coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, na que a titular deste departamento autonómico explicoulles os pasos que o Goberno galego ten previsto dar nos próximos 15 días para desbloquear e executar o esperadísimo proxecto.
Este mesmo mércores reunirase a Mesa de Contratación que se encargará da apertura do sobre A. Tras iso haberá un prazo de tres días para corrixir posibles deficiencias e, xa na semana próxima terá lugar a última xuntanza da Mesa de Contratación que realizará a proposta sobre cal das ofertas presentadas é a que se encargará da execución definitiva do plan director de tal xeito que xa quedaría listo e pendente para a súa adxudicación formal.
O PROXECTO MÁIS AMBICIOSO E ESPERADO DA MARIÑA
Os populares din que este anuncio é unha noticia estupenda e moi esperada para a Mariña xa que suporá a materialización do compromiso adquirido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que se comprometeu a ampliar, modernizar e mellorar a primeira infraestrutura sanitaria da comarca.
A inminente adxudicación anunciada hoxe, vén blindar unha actuación que busca dotar o Hospital da Costa de máis capacidade para prestar un servizo público hospitalario en mellores condicións de capacidade asistencial e de confort hospitalario, logo de máis de 25 anos de actividade.
UN PASO DECISIVO: A ADXUDICACIÓN DO PLAN DIRECTOR
Cómpre lembrar que este é un paso máis despois de que a finais do mes de maio do 2013 a Xunta procedese á licitación deste proxecto e á apertura dos trámites administrativos que finalizarán a semana próxima coa adxudicación definitiva.
Desde o Grupo Popular lembran que, segundo o previsto no propio documento, logo da adxudicación disporase dun prazo de execución de seis meses para elaborar o proxecto definitivo, o que supón xa un horizonte temporal para quizá o proxecto máis ambicioso dos comprometidos polo Goberno galego na comarca.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



