O pasado sábado 5 de xullo os galiñomes chegaron a Alfoz. Si, eses seres medio homes medio galiñas fixeron as delicias dos asistentes á representación do Grupo Teatral “A Maseira” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Nesta ocasión 17 rapaces de Secundaria do IES Alfoz-Valadouro, acompañados de Cachín, representaron a obra “A invasión dos galiñomes”. Foron os rapaces Andrea Cabanas, Saúl Lorenzo, Cristina Souto, Marta Gayo, Oumeyma Sabry, Zaira Fernández, Pedro López, Claudia Pena, Adrián Fraga, Sandra Gómez, Paula López, Clara Rodríguez, Ismael Trigo, Paula Pena, Lucía Carreiras, María Rega e Iago Insua. Durante 90 minutos e baixo unha calor abraiante, os espectadores, que case encheron o local, riron e desfrutaron vendo as aventuras dun grupo de rapaces dun instituto que loitaban contra estes perigosos seres doutros mundos.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



