Un grupo de 45 persoas dos Sendeiros de Foz disfrutaron dunha fin de semana por terras cántabras entre o 25 e o 27 de xullo. Aproveitaron para visitar, entre outros lugares, as “Cuevas del Castillo y de las monedas” en Puente Viesgo, o parque natural de Cabárceno e a fermosa vila de Castro Urdiales. O domingo 27 aproveitaron para facer unha fermosa ruta pola Vía Verde do Pas, dende Ontaneda ata Puente Viesgo. Xa de camiño a Foz, parada obrigada para mercar garabatas en Unquera. E, para rematar, visitaron a tamén fermosa vila costeira de Llanes.
Os Sendeiros viaxou a Cantabria
Os Sendeiros viaxou a Cantabria
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido