Cun estupendo día de sol, os senderistas de Pasada das Cabras de Burela, realizaron este martes a ruta costeira de O Vicedo que percorre gran parte dos areais do municipio. Para realizar esta camiñata desprazáronse no Feve ata a estación de Mosende, moi preto da praia de San Román, punto de inicio da mesma con vistas á ría de Viveiro. Pasaron polo mirador de Tixoso, viron a Illa Coelleira, aa praia de Xilloi, tamén un dos faros que hai na ría e finalmente chegaron á praia de Caolín, pequena cala con area blanquísima, onde hai unha antigua fábrica de salazón de pescado, xa moi próxima ó destino final, o porto de O Vicedo. Antes da comida servida polo restaurante Os Cruces disfrutaron dun baño na praia do Caolín. A vindeira ruta será a nocturna a San Cibrao o sábado 19.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



