No Concello presentouse este martes o III Campus de Verán de Patinaxe Artística E.X. Porta Norte-Fundación Indecum, que se desenvolverá en Burela do 4 ao 9 de agosto, no pavillón dos institutos en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19:30 polas tardes. No acto participaron o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e o concelleiro Manuel Fernández Valle.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



