Roberto Ramallal estará a vindeira temporada á fronte do 1º equipo de fútbol das Escolas Deportivas Lourenzá. O que fóra esta temporada técnico do Castro en Preferente comprometeuse esta vindeira temporada coa directiva e secretaría técnica do clube para intentar guiar a nave roxiblanca de novo a 1ª autonómica.
Roberto Ramallal coincide que ten experiencia en segunda autonómica pois fai dous anos dirixiu ó Iberia nesta categoría alcanzando o ascenso ó final da mesma temporada.
Ademáis o técnico mirará hacia a base para seguir coa filosofía do clube, que non é outra que mimar as categorías infantil, cadete e xuvenil para que logo podan dar o paso ó fronte do primeiro equipo.
En canto ó capítulo de xogadores, en principio cóntase coa renovación de case todos os membros da plantilla e non se descartan altas, e de momento confírmanse as baixas do porteiro Dani Pérez e do central Isaac Fdez que ficha polo Viveiro. Incorporaranse ó primeiro equipo os xuvenís Pichi, Diego López e Adrián Reimonde.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
