Ribadeo, 14 de xullo de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, fixo unha valoración moi positiva da festa indiana que tivo lugar o venres e o sábado pasados na localidade. O rexedor dixo que “parece que Ribadeo estaba a agardar por esta festa”.
Suárez Barcia declarou que “realmente non nos saen as palabras para describir o que significou esta festa indiana de Ribadeo. Non nos saen as palabras polo marabilloso que foi todo o proceso de debate entre o Concello e a Asociación de Comerciantes, desde hai dous ou tres meses que empezamos a debullar como poderíamos facer un reclamo para que a xente de Ribadeo se puidera implicar. E a verdade é que se tocou a tecla axeitada porque a resposta dada tanto o venres pola tarde-noite como o sábado durante todo o día é algo do que se fala non só en Ribadeo senón en medio país, do ben que saíu e de cómo a xente de Ribadeo e a de fóra viñeron e caracterizáronse como auténticos indianos”.
O alcalde sinalou: “parece que Ribadeo estaba a agardar por esta festa. Quero destacar a colaboración entre o Concello e Acisa para estas e outras cousas, porque isto redundou de maneira positiva en todo o comercio, que estivo durante moitos días vendendo moito material para que a xente se puidese caracterizar, o que significou para a hostalería, para os bares, restaurantes… toda esta marea de xente que estivo disfrutando da festa. E o que significou tamén para recuperar a memoria histórica, o legado dos que se marcharon a facer as Américas, algúns o lograron, pero outros non desgraciadamente. Aqueles que as fixeron moitos deles se acordaron de contribuír ao desenvolvemento da nosa terra tan falta de cariño e autoestima moitas veces”.
Para Fernando Suárez “a homenaxe que as xentes de Ribadeo lles demos a todos estes emigrantes, a todos estes indianos, pagou a pena todo o esforzo feito e consolidou esta festa. Estamos absolutamente convencidos, tanto desde Acisa como desde o Concello, que haberá unha nova edición o vindeiro ano e que será un dos eventos máis importantes que puidéramos ter feito nunca aquí en Ribadeo”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



