UNIFOZ, ten que contestar as declaracións do Sr Alcalde, porque unha vez máis quere confundir aos veciños/as.
UNIFOZ, afirma con rotundidade, que no Concello de Foz, só hai dúas empregadas de Axuda no Fogar, e que en estes momentos solo HAI UNHA PERSOA TRABALLANDO, por encontrarse de vacacións unha das traballadoras e o Sr Alcalde como de costume non cubrir esa praza, e por conseguinte as persoas que estaba atendendo esa traballadora queda sen servizo ilegalmente, por facelo o Concello de forma unilateral.
UNIFOZ, NUNCA FALOU NA SÚA NOTA dos traballadores da empresa San Roque, que atenden as persoas que teñen concedida a lei da dependencia, curiosamente para estas persoas, o servizo nunca queda descuberto, aínda que haberá vacacións do persoal.
Haberá que recordar ao sr Alcalde, que a atención a dependentes, é un dereito motivado por unha lei que o regula, e onde a Xunta e o usuario aportan o copago para ese servizo, e que si en Foz hai cada día máis casos, é por que cada día hai máis casos de persoas que teñen recoñecido ese dereito , e que o Concello mediante a empresa privada ten que atender si o si.
Así pois, a atención a dependentes non é ningún mérito de ningún Alcalde/Alcaldesa, é algo regulado por lei.
Respecto a preocupación de futuros políticos, UNIFOZ, pídelle se preocupe do seu a do resultando que pode sacar o PP na enquisa que está a facer de forma anónima en Foz,,pois pode que os resultados non sexan satisfatorios, para o sr Alcalde,,e o PP , se vexa obrigado a poñer outro candidato con algo máis de SENTIDIÑO.
Respecto a traballar, UNIFOZ, sempre estivo en disposición de traballar por Foz, como o demostra as numerosas iniciativas presentadas, pero que o Goberno do PP de Foz,mira para outro lado e non cumpre nin un so acordo plenario.