Barreiros, 9 de xullo de 2014. Celso Dourado, responsable do espazo artístico barreirense Eido Dourado, foi o encargado de anunciar este concerto que terá lugar o próximo sábado día 12 de xullo, a partir das dez da noite, nos xardíns deste espazo dedicado ao arte. Nel actuará de forma altruísta a cantante galega Uxía Senlle, que estará acompañada polo guitarrista Sergio Tannus. Eles serán os encargados de poñer en marcha a nova tempada de concertos de verán no Eido Dourado, que se levarán a cabo as fins de semana dos meses de xullo e agosto.
Celso Dourado destacou como novidade que “esta vez o concerto vai celebrarse o sábado, e non o domingo como ven sendo habitual, xa que tivemos que adaptarnos a programación de Uxía”. O artista barreirense quixo subliñar a “importancia desta actividade, xa que Uxía é a voz deste país. É unha cantante e cantautora moi recoñecida, cunha traxectoria incualificable, que unha vez que visitou o Eido decidiu comprometerse de forma totalmente gratuíta e altruísta para abrir algunha das tempadas musicais do Eido Dourado”. Un compromiso que “este ano non puido cumprir por problemas de axenda que lle impediron estar na presentación da tempada a finais do pasado mes de xuño, pero que finalmente resolveu para poder estar o próximo sábado, 12 de xullo, no inicio dos concertos”. Un feito que para Celso Dourado “da mostra da súa talla moral e da súa calidade como persoa e como artista”.
Uxía Senlle estará acompañada polo guitarrista Sergio Tannus, “un músico brasileño ou brasilego como a el lle gusta que lle chamen”, recorda o responsable do Eido Dourado. Os dous presentarán un concerto “sentido”, en palabras da propia Uxía, que se levará a cabo á noitiña. “Eliximos este momento porque é cando precisamente o xardín do Eido combina mellor a luz natural, coa iluminación que ten”, afirma Celso Dourado.
O evento contará con entrada libre e gratuíta, se ven Celso Dourado aproveita a ocasión para aconsellar aos veciños que “quen queira asistir, canto antes se acerque mellor, xa que o xardín conta cun aforo limitado de 170 persoas sentadas, e como moito 200 en total”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



